Cobre

Cobre
-
 
 
29
Cu
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Cu
Ag
NíquelCobreCinc
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Cobre
Información xeral
Nome, símbolo, número Cobre, Cu, 29
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 11, 4, d
Densidade 8960[1] kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Metálico
N° CAS 7440-50-8
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 63,546(3)[2] u
Raio medio 135[3] pm
Raio atómico (calc) 145[3] pm
Raio covalente 138[3] pm
Raio de van der Waals 140[3] pm
Configuración electrónica [Ar]3d104s1
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación +2, +1
Óxido levemente básico
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 1357,77[4] K
Punto de ebulición 3200[4] K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 300[5] kJ/mol
Entalpía de fusión 13,1[5] kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 3570 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,9[6]
Calor específica 385[1] J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 58,108 × 106[7] S/m
Condutividade térmica 400[4] W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 745,5[8] kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1957,9[8] kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3555[8] kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
63Cu69,17%estable con 34 neutróns
64CuSint.12,7 hε1,67564Ni
65Cu30,83%estable con 36 neutróns
67CuSint.61,83 hβ-0,57767Zn
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros),[9] é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.[10]

  1. 1,0 1,1 Copper annealed, en matweb [2-5-2008] (en inglés)
  2. CIAAW
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Size of copper in several enviroments en WebElements.com (en inglés)
  4. 4,0 4,1 4,2 Propiedades físicas do cobre (en inglés), en WebElements.com
  5. 5,0 5,1 Cobre: entalpías e propiedades termodinámicas (en inglés), en WebElements.com
  6. Cobre: electronegatividades (en inglés), en WebElements
  7. ASTM, ed. (2002). "Norma ASTM E1004-02" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18-05-2008. Consultado o 4-5-2008. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Enerxías de ionización do cobre (en inglés), en WebElements.com. Consultado o 22-05-2008.
  9. Joan Corominas: Breve diccionario etimológico de la lengua castellana. 3º edición, 1987. Ed. Gredos, Madrid.
  10. Varios autores (1984). Enciclopedia de Ciencia y Técnica. Tomo 4 Cobre. Salvat Editores. ISBN 84-345-4490-3. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in