Coiote

Este artigo trata sobre un animal, para o personaxe de debuxos animados véxase: Wile E. Coyote and The Road Runner.

Coiote

Coiote.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Placentalia
Orde: Carnívora
Suborde: Caniformia
Familia: Canidae
Xénero: Canis
Especie: 'Canis latrans'
Nome binomial
Canis latrans
Say, 1823
Distribución do coiote
Distribución do coiote

Distribución do coiote
Subespecies
Véxase o texto
Coiote nas montañas de California.

O coiote[2] ou lobo das pradarías[3] (Canis latrans, que significa "can ladrador") é un membro da familia Canidae, emparentado co can doméstico. Os coiotes só se atopan en América do Norte e América Central; dende o Canadá até Costa Rica. O seu nome vén da palabra náhuatl cóyotl (AFI /ˈkojo:tɬ/). Aínda que ás veces se reúnen en mandas, son xeralmente solitarios. Viven unha media duns 6 anos. Recentemente, descubríronse mandas de coiotes nas montañas centrais do Panamá, o que fai pensar nunha migración cara ao sur deste mamífero.

A pesar de ter sido intensamente cazados, os coiotes son uns dos poucos animais grandes que ampliaron o seu hábitat desde a conquista de América polos europeos. Ocuparon áreas en Norteamérica previamente habitadas polos lobos, e adaptáronse ao consumo de lixo e de animais domésticos.

O coiote mide menos de 60 cm de altura, e a súa cor varía desde a gris até a canela, ás veces cun cariz arroibado. As orellas e o fociño do coiote parecen grandes en relación ao tamaño da súa cabeza. Pesa entre 10 e 25 kg, promediando 15. Pode ser identificado polo seu rabo espeso e ancho que, a miúdo, leva case a rente do chan. Polo seu aspecto esvelto pódese distinguir do seu parente maior, o lobo gris, que pode pesar de 35 a 70 kg. O coiote é un animal moi fraco, e pode parecer desnutrido a primeira vista aínda que goce de boa saúde.

  1. Gese, E.M., Bekoff, M., Andelt,W., Carbyn, L. & Knowlton, F. 2008. Canis latrans Arquivado 04 de decembro de 2011 en Wayback Machine.. IUCN 2010. Lista Vermella de Especies Ameazadas IUCN. Versión 2010.1. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 26 de abril de 2012.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para coiote.
  3. Definición de lobo -ba no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy