Coiraza (tartarugas)

Para outro significado véxase Coiraza.
A imaxe da dereita mostra o plastrón dunha Testudo hermanni. Á esquerda o escudo do mesmo exemplar.
Un esqueleto de tartaruga mostrando como a coiraza ou casca se conecta co resto do esqueleto.

A coiraza [1] ou casca das tartarugas é a cuberta exterior dura que protexe o seu corpo.

Está formada xeralmente por placas óseas revestidas de placas queratinizadas e, ás veces, só por placas córneas.

Divídese no plastrón (parte ventral) e o espaldar (parte dorsal), unidas pola ponte.

Para formaren a coiraza, a columna vertebral e as costelas fusiónanse formando placas baixo a pel. Exteriormente, a pel está cuberta por placas córneas que a protexen de maneira máis eficaz.[2][3]

As coirazas de moitas tartarugas presentan cores brillantes con motivos orixinais que permiten identificar individuos da mesma especie a certa distancia.

  1. "coiraza no dicionario da [[RAG]].". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 01 de xaneiro de 2013. 
  2. A. S. Romer (1956): Osteology of the Reptiles. University of Chicago Press.
  3. R. Zangerl (1969): "The turtle shell", en C. Gans, D. d'A. Bellairs & T. A. Parsons (eds.) Biology of the Reptilia Volume 1. London: Academic Press, pp. 311–340.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy