Coldplay

Coldplay
Coldplay, en 2008
OrixeLondres, Inglaterra
Período1996 - presente
Xénero(s)rock alternativo, britpop
Selo(s) discográfico(s)EMI, Parlophone, Capitol, Fierce Panda
MembrosChris Martin
Jon Buckland
Guy Berryman
Will Champion
Na rede
http://www.coldplay.com/
IMDB: nm1095892 Rottentomatoes: celebrity/coldplay
Facebook: coldplay Twitter: coldplay Instagram: coldplay Tumblr: coldplay VK: coldplay MySpace: coldplay Youtube: UCDPM_n1atn2ijUwHd0NNRQw TikTok: coldplay BNE: XX267200 Souncloud: coldplay Spotify: 4gzpq5DPGxSnKTe4SA8HAU iTunes: 471744 Last fm: Coldplay Musicbrainz: cc197bad-dc9c-440d-a5b5-d52ba2e14234 Songkick: 197928 Discogs: 29735 Allmusic: mn0000775877 Deezer: 892 Genius: Coldplay Editar o valor en Wikidata

Coldplay é unha banda inglesa de rock alternativo formada en Londres en 1996 polo cantante Chris Martin e o guitarrista Jonny Buckland.[1] Tras formar Pectoralz, Guy Berryman uniuse coma baixista, e cambiaron o seu nome a Starfish.[2] Will Champion uniuse coma batería e para facer as voces secundarias, completando así a banda. O seu representante, Phil Harvey, é a miúdo considerado coma o quinto membro do grupo.[3] A banda cambiou o seu nome a "Coldplay" en 1998,[4] antes de gravar e lanzar tres EPs: Safety en 1998, Brothers & Sisters como sinxelo en 1999, e The Blue Room o mesmo ano. Este último foi a súa primeira edición nunha gran marca, tras asinar con Parlophone.[5]

Conseguiron fama mundial co lanzamento do sinxelo "Yellow" no ano 2000, seguido do seu álbum de debut nese mesmo ano, Parachutes, o cal foi nomeado ao Mercury Prize, que premia ao mellor álbum do ano do Reino Unido e Irlanda. O seu segundo álbum, A Rush of Blood to the Head (2002), tivo unha gran crítica e gañou numerosos premios, incluíndo o de Álbum do ano da MNE, e foi considerado coma o mellor dos álbums de Coldplay producidos por Ken Nelson. O seguinte traballo, X&Y, foi o álbum máis vendido no mundo en 2005. O cuarto álbum de estudio, Viva la Vida or Death and All His Friends (2008), foi producido por Brian Eno e obtivo de novo moi boas críticas, numerosos nomeamentos e trofeos nos 51º Premios Grammy.[6] O 24 de outubro de 2011, editaron o seu quinto álbum de estudio, Mylo Xyloto, que recibiu críticas positivas e copou as listas musicais en 34 países, alén do álbum de rock mellor vendido no Reino Unido no 2011.[7] O 16 de maio de 2014, lanzaron o seu sexto álbum, titulado Ghost Stories, que ascendeu nas listas de álbums de iTunes Store en máis de 100 países.[8] O 4 de decembro de 2015, o grupo lanzou o seu sétimo álbum, A Head Full of Dreams.

  1. Ali, Mehreen F. (26 de novembro de 2005). "All That Is Cold play". Dawn. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2008. Consultado o 1 May 2008. 
  2. (Roach 2003, p. 19)
  3. Roach, p. 22
  4. coldplay.com (ed.). "Newsreel: An appeal to Wikipedia enthusiasts". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  5. "Coldplay to Quit" Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. Daily Star. 7 de xaneiro de 2008. Consultado o 5 de maio de 2008.
  6. "Nominations for the 51st Grammy Awards". USA Today. 3 de decembro 2008. Consultado o 28 de decembro de 2008. 
  7. NME.COM, ed. (17 de xaneiro de 2012). "Coldplay, Noel Gallagher and Foo Fighters revealed as biggest selling rock acts of 2011". Consultado o 22 de setembro de 2014. 
  8. Mail Online (ed.). "Coldplay No.1 on iTunes in 100 countries". Consultado o 27 de xuño de 2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in