Colecalciferol

Colecalciferol
Identificadores
Número CAS 67-97-0
PubChem 5280795
ChemSpider 4444353
UNII 1C6V77QF41
DrugBank DB00169
ChEBI CHEBI:28940
ChEMBL CHEMBL1042
Código ATC A11CC05
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C27H44O
Masa molar 384,64 g mol−1
Punto de fusión 83-86ªC
Punto de ebulición 496,4ªC
Solubilidade en auga Practicamente insoluble en auga, soluble en etanol, metanol e algúns outros solventes orgánicos. Lixeiramente soluble en aceites vexetais.
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O colecalciferol, tamén chamado vitamina D3, é un tipo de vitamina D que se produce na pel exposta á luz do sol; tamén se encontra nalgúns alimentos e pode tomarse como suplemento dietético.[1] Utilízase no tratamento e prevención da deficiencia de vitamina D e doenzas asociadas, como o raquitismo.[2][3] Tamén se utiliza para tratar a hipofosfatemia familiar, o hipoparatiroidismo que causa un baixo nivel de calcio no sangue e a síndrome de Fanconi.[3][4] Xeralmente adminístrase por vía oral.[4]

As doses excesivas de colecalciferol poden orixinar vómitos, estrinximento, debilidade e confusión mental.[5] Outro risco é a formación de cálculos renais.[6] As doses normais son seguras no embarazo.[5] Pode non ser efectiva en persoas con enfermidades renais graves.[6]

O colecalciferol prodúcese na pel despois de estar exposta á luz ultravioleta.[7] Convértese no fígado en calcifediol (25-hidroxivitamina D), que despois se converte nos riles en calcitriol (1,25-dihidroxivitamina D).[7] Unha das súas accións é incrementar a captación de calcio nos intestinos.[5] Encóntrase en alimentos como algúns peixes, queixo e ovos.[8] A certos alimentos como o leite se lles engade colecalciferol nalgúns países.[8]

Este composto describiuse por primeira vez en 1936.[9] É unha das medicinas da Lista de Medicinas Esenciais da Organización Mundial da Saúde.[10] Está dispoñible como medicamento xenérico e pode comprarse sen receita.[4]

  1. Coulston AM, Boushey C, Ferruzzi M (2013). Nutrition in the Prevention and Treatment of Disease. Academic Press. p. 818. ISBN 9780123918840. 
  2. British national formulary : BNF 69 (69 ed.). British Medical Association. 2015. pp. 703–704. ISBN 9780857111562. 
  3. 3,0 3,1 WHO Model Formulary 2008 (PDF). World Health Organization. 2009. p. 496. ISBN 9789241547659. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Hamilton R (2015). Tarascon Pocket Pharmacopoeia 2015 Deluxe Lab-Coat Edition. Jones & Bartlett Learning. p. 231. ISBN 9781284057560. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Cholecalciferol (Professional Patient Advice) - Drugs.com". www.drugs.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 "Aviticol 1 000 IU Capsules - Summary of Product Characteristics (SPC) - (eMC)". www.medicines.org.uk. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2016. Consultado o 29 de decembro de 2016. 
  7. 7,0 7,1 Norman, AW (agosto de 2008). "From vitamin D to hormone D: fundamentals of the vitamin D endocrine system essential for good health.". The American Journal of Clinical Nutrition 88 (2): 491S–499S. PMID 18689389. doi:10.1093/ajcn/88.2.491S. 
  8. 8,0 8,1 "Office of Dietary Supplements - Vitamin D". ods.od.nih.gov. 11 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  9. Fischer J, Ganellin CR (2006). Analogue-based Drug Discovery (en inglés). John Wiley & Sons. p. 451. ISBN 9783527607495. 
  10. "WHO Model List of Essential Medicines (19th List)" (PDF). World Health Organization. abril de 2015. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 de decembro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy