Coliseo de Roma

Modelo:Xeografía físicaColiseo de Roma
(la) Colosseum Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe do interior
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deparque arqueolóxico do Coliseo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRoma Capitale, Italia, Roma, Italia e Municipio I, Italia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPiazza del Colosseo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°53′25″N 12°29′32″L / 41.8903, 12.4922
Características
Dimensións48 (altura) × 155 (ancho) × 187 (lonxitude) m
Material usadofachada: travertino de Roma
muro: tufo
bóveda: formigón Editar o valor en Wikidata
Superficieexposición: 5.000 m²
exposición: 30.000 m² Editar o valor en Wikidata
Ben cultural de Italia
Historia
Data de creación ou fundación82 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
80 Xogos inaugurais do Coliseo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Usoxogos romanos, canteira e atracción turística Editar o valor en Wikidata
Visitantes anuais1.633.436 (2021) Editar o valor en Wikidata
FundadorVespasiano Editar o valor en Wikidata

Páxina webcolosseo.it… Editar o valor en Wikidata

O Coliseo, orixinariamente coñecido como Anfiteatro Flavio, ou simplemente como Amphitheatrum, é un anfiteatro da Roma antiga, con total probabilidade o máis famoso do mundo. Podía acoller 50.000 espectadores, sendo usado, principalmente, para espectáculos de loitas de gladiadores.

O edificio forma unha elipse de 527 m de perímetro, con eixes que miden 188 m x 156 m. A "arena" interna mide 86 m por 54 m, cunha superficie de 3.357 m². A altura actual acada 48,5 m, mais en orixe chegaba a 52 m.

O Coliseo foi construído sobre o terreo que ocupaba o enorme pazo de Nerón, a Domus Aurea, que estaba precisamente situado na depresión de Velia, entre o Caelius, o monte Oppius e o Palatino, cerca do barrio de Subura, e xusto sobre o lago do pazo, que foi desecado, e dunha "arena" de madeira para gladiadores, que foi destruída. Está no cruzamento da Vía Triunfal e a Vía Sacra.

O Coliseo de Roma (xullo 2003)

Financiouse co diñeiro conseguido na campaña vitoriosa de Tito en Xudea, e sobre todo procedente do saqueo do Templo de Xerusalén, no ano 70 d.C.

Unha enorme estatua de Nerón, o Coloso de Nerón, que foi desprazada a raíz da construción do Templo de Venus e de Roma, atopábase erguida á beira do Anfiteatro Flavio; de aí saíu o seu nome de Coliseo: Colosseum, durante a Idade Media, debido aos restos que perduraban do Coloso de Nerón. O Coliseo, pois, foi chamado así despois da Antigüidade e nunca na época imperial romana.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in