Commelinales Commelinales Rango fósil: cretáceo tardío - actualidade | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Flor de Tradescantia virginiana, unha commelinácea | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Familias | |||||||||||
|
A das commelinales (Commelinaleses) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.
A orde está composta por cinco familias (nas clasificacións filaxenéticas modernas) ou catro (na clasificacións "cásicas"). En tyoptal, a orde comprenden 812 especies distribuídas en 68 xéneros.
A pesar de ter poucas familias e de ser monofilético segundo as análises moleculares de ADN, a orde é moi diversa desde o punto de vista da morfoloxía. De feito, a unión de todas as familias nun mesmo clado resultou sorprendente, xa que as sinapomorfías quedan prccticamente restrinxidas a certos caracteres fitoquímicos (como a presenza de fenilfenalenonas e a algúns caracteres da semente (como, por exemplo, a presenza dun abundante endosperma helobial).
O grupo troncal das commelinales data de hai uns 114 millóns de anos (MA), no cretáceo tardío.
A diverxencia dentro do grupo comezou hai uns 110 MA, segundo Janssen e Bremer.[2]
As datas, segundo Wikström et al.[3] son 81-73 e 71-66 MA respectivamente. Porén, hai que ter en conta que que Janssen e Bremer (Op. Cit.) utilizaron unha topoloxía para datar os clados diferente.