Comunidade Valenciana

Modelo:Xeografía políticaComunidade Valenciana
Comunitat Valenciana (ca)
Comunidad Valenciana (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoHimno de Valencia Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°30′N 0°45′O / 39.5, -0.75
EstadoEspaña Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.097.967 (2022) Editar o valor en Wikidata (219,22 hab./km²)
Lingua oficialValenciano
lingua castelá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23.255 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude363 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Calderón (1.837 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1883 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónVicente Ferrer Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoConsello da Generalitat Valenciana Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Generalitat Valenciana Editar o valor en WikidataCarlos Mazón Guixot (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCortes Valencianas , (Escano: 99) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2ES-VC Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES52 Editar o valor en Wikidata

Páxina webgva.es Editar o valor en Wikidata
Facebook: generalitatvalenciana Twitter: generalitat BNE: XX450898 Editar o valor en Wikidata

A Comunidade Valenciana[1][2] (en valenciano: Comunitat Valenciana, en castelán: Comunidad Valenciana), tamén coñecida como País Valenciano[3] (en valenciano: País Valencià, en castelán: País Valenciano), é unha comunidade autónoma na costa mediterránea de España, recoñecida como nacionalidade no seu Estatuto de Autonomía. É así pois un país ou rexión de Europa situado ó leste da Península Ibérica, que popularmente se denomina moitas veces simplemente Valencia.

Esténdese entre o río Sénia en Vinaròs até Pilar de la Horadada, máis aló da desembocadura do río Segura, cunha delimitación terrestre de 834 km de lonxitude, e 644 km de lonxitude de costa. Ademais, as illas mediterráneas de Nova Tabarca e das Columbretes, son tamén de administración valenciana. A súa posición xeográfica é 40º 47' ó extremo norte, 37º 51' ó extremo sur, 0º 31' E ó extremo oriental, e 1º 31' W ó extremo occidental.

As súas orixes remóntanse no histórico Reino de Valencia creado no século XIII como causa da colonización feudal de aragoneses, fundamentalmente e por esta orde, dos reinos de taifas islámicos de Valencia, Dénia, e parte de Murcia. Tras o desmantelamento do Reino en 1707 polos Decretos de Nova Planta do rei Filipe V e dos frustrados intentos de conseguir o autogoberno durante finais do século XIX e comezos do XX, en 1982 finalmente acádao cun Estatuto de Autonomía, que foi reformado en 2006.

Administrativamente limita ó oeste con Castela-A Mancha e Aragón, ó sur con Murcia e ó norte con Cataluña. Ten máis de 4,8 millóns de habitantes, aínda que a cifra é moi superior se contabilizamos os habitantes de segunda residencia doutros países de Europa e os inmigrantes non censados. Así, as cidades con máis de 100.000 hab. son Valencia (807.200 hab.), Alacant (331.750 hab.), Elx (228.348 hab.), Castelló de la Plana (177.924 hab.) e Torrevieja (101.381 hab.).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para valenciano.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 101. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para catalán.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in