Localización | |||
---|---|---|---|
Estado | España | ||
Comunidade autónoma | Galicia | ||
Provincia | Provincia de Pontevedra | ||
Datos históricos | |||
Creación | 1841 | ||
Disolución | 1869 | ||
Sucedido por | Pontevedra | ||
Mourente foi un antigo concello da comarca de Pontevedra formado polas parroquias de Bora, Marcón, Mourente e Tomeza. Creado en 1841, en 1869 foi anexionado a Pontevedra. Segundo Pascual Madoz, a súa sede estaba nunha casa no propio lugar de Mourente,[1] da que non se garda memoria hoxe. Porén, sospéitase que se trataba dunha casa alugada no lugar de Moldes, tamén na freguesía de Mourente.