Consello Insular de Mallorca

Emblema do Consello Insular de Mallorca

O Consello Insular de Mallorca (en catalán: Consell Insular de Mallorca) é unha institución de autogoberno no ámbito da illa de Mallorca. Foi creado en 1978 logo da aprobación do réxime de Consellos Insulares e instituído oficialmente segundo o Estatuto de Autonomía das Illas Baleares de 1983. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.

A institución exerce, segundo as competencias, un poder lexislativo (Pleno do Consello) e executivo. O pleno está composto por 33 deputados. Este pleno encárgase de aprobar as leis e elixir o presidente da institución, que á súa vez nomea ao Consello Executivo.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in