Nome orixinal | (la) Flavius Julius Constantius |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 7 de agosto de 317 (Gregoriano) Sirmium (Imperio Romano) |
Morte | 3 de novembro de 361 (Gregoriano) (44 anos) Cilicia, Turquía |
Causa da morte | febre |
Emperador romano | |
22 de maio de 337 (Gregoriano) – 3 de novembro de 361 (Gregoriano) | |
Emperador bizantino | |
22 de maio de 337 – 5 de outubro de 361 ← Constantino I o Grande – Xuliano → | |
Senador romano | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Período de tempo | Imperio Romano |
Carreira militar | |
Conflito | Constantius II's Suebo-Sarmatian campaign (en) |
Outro | |
Título | Emperador romano |
Familia | Dinastia constantiniana (pt) |
Cónxuxe | Filha de Júlio Constâncio Eusébia Faustina |
Fillos | Flávia Máxima Constância () Faustina |
Pais | Constantino I o Grande e Fausta |
Irmáns | Helena Constantina Constante Constantino II Flavio Xulio Crispo |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Constancio II (317 - 3 de novembro de 361) foi emperador romano desde 337 ata a súa morte.
Era o segundo fillo do anterior emperador, Constantino I o Grande e da súa segunda muller, Fausta. Naceu en Illyricum (actualmente en Hungría) e foi nomeado César. Cando o seu pai morreu, en 337, eliminou a todos os descendentes de Constancio I Cloro e de Teodora, quedando como únicos familiares homes os seus irmáns, Constantino II e Constante. Entre os tres dividíronse o Imperio, recibindo Constantino II Britania, Galia e Hispania; Constante reinou sobre Italia, África e as provincias ilíricas, quedando para Constancio Constantinopla e todo Oriente.
Esta repartición modificouse en 340, cando Constantino II morreu tratando de derrocar a Constante en Italia, e este quedou como único soberano da parte occidental do Imperio. Outro cambio na división produciuse en 350, ano en que Constante foi morto en batalla fronte ás tropas do usurpador Magnencio. Ata entón Constancio só se preocupou de loitar contra o Imperio Persa, pero o desenvolvemento dos acontecementos fíxolle elevar ao seu primo Treboniano Galo a César e colaborador seu, para poder prestarlle máis atención á insurrección.
En 351 Constancio derrotou a Magnencio na batalla de Mursa Major, unha das máis sanguentas da historia de Roma. Magnencio suicidouse en 353, e pouco despois, ao non serlle xa útil, Constancio ordenou a morte do seu primo Galo.
Tal como estaba a situación, Constancio deuse conta de que non podía facer fronte por si so a todas as frontes abertas nas fronteiras do Imperio, tanto en Oriente como en Occidente, polo que nomeou césar a Xuliano, o único familiar seu home que quedaba con vida, e deulle á súa irmá Helena en matrimonio. Pero este nomeamento sairíalle caro, pois Xuliano alzouse en armas e foi proclamado Augusto polas súas tropas en Galia, obrigando a Constancio a facerlle fronte. Os exércitos de ambos estaban moi igualados, pero a fortuna favoreceu a Xuliano, xa que o 3 de novembro de 361 Constancio morreu preto de Tarso por mor dunhas febres, deixando ao seu inimigo vía libre para exercer de Augusto en todo o Imperio Romano.
Constancio tomou parte activa no desenvolvemento da Igrexa Cristiá, apoiando en gran parte o punto de vista ariano.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Constante |
Constancio II | Precede a: Xuliano |
dinastía Constantiniana |