Constantin Stanislavski |
|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1863 (Xuliano) Moscova, Rusia |
---|
Morte | 7 de agosto de 1938 (75 anos) Moscova, Rusia |
---|
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
---|
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
---|
|
Campo de traballo | Teatro, Actuación, dirección teatral, teatrologia (pt) , pedagoxía, filme, dirección de cine e administración de empresas |
---|
Lugar de traballo | Moscova |
---|
Ocupación | director teatral, realizador, mestre, teatrólogo (pt) , actor, pedagogo, director de cinema, actor de teatro, emprendedor |
---|
Período de actividade | 1877 - |
---|
Empregador | Teatro de Arte de Moscou (pt) |
---|
Xénero artístico | Teatro |
---|
Profesores | Glikerija Nikolajewna Fedotowa (pt) e Fyodor Petrovich Komissarzhevsky (en) |
---|
Alumnos | Maria Ouspenskaya, Olga Wladimirowna Gsowskaja (pt) , Yevgeny Vakhtangov (pt) , Richard Boleslawski, Alissa Georgijewna Koonen (pt) e Mikhail Chekhov (pt) |
---|
Influencias | |
---|
|
Cónxuxe | Marija Petrowna Lilina (1889–1938) |
---|
Fillos | Vladimir Sergeyevich Sergeyev |
---|
Pais | Sergey Alekseyev e Elizaveta Yakovleva |
---|
Irmáns | Sinaida Sokolowa Vladimir Alexeev |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Станиславский Константин Сергеевич) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
---|
|
Constantin Sergeievich Stanislavski ou Konstantin Stanislavski (en ruso Константи́н Серге́евич Станисла́вский), nado en Moscova o 17 de xaneiro de 1863 e finado na mesma cidade o 7 de agosto de 1938, foi un actor e director de teatro ruso. O seu sistema interpretativo converteuse nun dos máis recoñecidos internacionalmente, especialmente no período posterior á segunda guerra mundial.
Ao longo da súa carreira Stanislavski reformulou o seu propio labor como actor por medio dun rigoroso proceso de reflexión e autoanálise artística, ao considerar a acción de actuar como un esforzo continuo que requiría dedicación, disciplina e integridade na procura do afondamento psicolóxico dos personaxes e na investigación das afinidades entre o mundo interior do personaxe e o do actor. O desenvolvemento dunha praxe teorizada, na cal a práctica era un modo de investigación e a teoría un catalizador para o desenvolvemento do creativo, convertérono nunha das grandes figuras do teatro moderno. O traballo de Stanislavski foi importante na expansión do realismo socialista na Unión Soviética como tamén o foi no realismo psicolóxico nos Estados Unidos.[1]. Escribiu diversos libros sobre o traballo do actor e mais unha autobiografía.
- ↑ Milling, Jane e Graham Ley (2001) Modern Theories of Performance: From Stanislavski to Boal. Basingstoke, Hampshire and New York: Palgrave. ISBN 0-333-77542-2, páx. 2.