Cooperativa

Cooperativa
Tipoconcepto xurídico e forma xurídica da empresa
Persoas relacionadasRobert Owen, Henry Duncan, Hermann Schulze-Delitzsch, Friedrich Wilhelm Raiffeisen e Alphonse Desjardins
Na rede
BNE: XX526635
editar datos en Wikidata ]

Unha cooperativa é unha asociación voluntaria de traballo cooperativo, por medio da cal un grupo de persoas pode obter, producir, comprar ou vender produtos e bens de consumo en condicións máis vantaxosas que pola comercialización común, liberándose da carga que supoñen os beneficios dos capitalistas e intermediarios, repartindo as ganancias que poida haber entre os seus socios.[1] Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada.[2]

  1. "cooperativa". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-11. 
  2. "Sociedades cooperativas - Consellería de Emprego, Comercio e Emigración". conselleriaemprego.xunta.gal. Consultado o 2024-08-11. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in