Covas, Ferrol

Covas
Igrexa de San Martiño de Covas.
ConcelloFerrol[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°32′33″N 8°16′36″O / 43.54246, -8.27665
Poboación899 hab. (2018)
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Covas[1] é unha parroquia rural que se localiza no norte do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo IGE en 2018 tiña 899 habitantes (477 mulleres e 422 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución constante en relación aos anos 2004, cando tiña 973 habitantes, e 1999, con 992 habitantes.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa parroquia de Esmelle, ao leste coa de Marmancón e ao oeste coa de Esmelle. Covas conta cunha biblioteca especialmente dedicada á promoción da lectura entre o público infantil, fundada pola asociación cultural Columba.

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in