Cunnilingus ou cunilingua (do latíncunnus: "cuña" ou "vulva", e lingus: "lingua"), é a práctica de sexo oral onde unha persoa (poden ser incluso dúas persoas, á vez) chupa(n), frota(n), lambe(n), ou adenta(n) (con graos variables de intensidade, e tamén poden ensalivar ou cuspir), coa boca, coa lingua, cos beizos, cos dentes ou incluso co nariz ou co queixo ou a barba e os bigotes, os labios da vulva, a entrada da vaxina e o clítoris.[1][2] O clítoris é a parte sexual máis sensitiva dos xenitais femininos humanos, e a súa estimulación pode provocar excitación sexual ou orgasmo.[3][4][5]
Cunnilingus pode ser sexualmente excitante para os seus participantes, e pode ser practica polo compañeiro sexual como preliminares para incitar a excitación antes doutras actividades sexuais (como o sexo anal ou vaxinal),[1][6] ou como un acto erótico e de intimidade física.[1][2] Como moitas formas de actividade sexual, o sexo oral pode ser un risco de contraer infeccións de transmisión sexual (ITSs). Porén, o risco de transmisión por sexo oral, especialmente a transmisión do VIH, é significativamente máis baixo que no sexo vaxinal ou anal.[7][8][9]
O sexo oral é a miúdo considerado como tabú,[1] pero en moitos países non existen leis que prohiban a súa práctica. Comunmente, as parellas heterosexuais non consideran que o cunnilingus afecte á virxindade da compañeira, mentres que as parellas lesbianas considérano como unha forma de perder a virxindade.[10][11][12][13] As persoas poden ter sentimentos negativos ou inhibicións sexuais sobre dar ou recibir cunnilingus, ou poden rexeitar practicalo.[1]
↑Sonya S. Brady, PhD and Bonnie L. Halpern-Felsher, PhD (2007). "Adolescents' Reported Consequences of Having Oral Sex Versus Vaginal Sex". Pediatrics119 (2). pp. 229–236. PMID17272611. doi:10.1542/peds.2006-1727.