Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Curtis Lee Mayfield 3 de xuño de 1942 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de decembro de 1999 (57 anos) Roswell, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Wells Community Academy High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións, compositor, produtor musical, pianista, cantante, cantautor, saxofonista |
Período de actividade | 1956 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Soul e Funk |
Tesitura | Contratenor |
Instrumento | Baixo, guitarra e voz |
Selo discográfico | Charly Records (pt) Curtom Records (en) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians (en) |
Páxina web | CurtisMayfield.com |
|
Curtis Lee Mayfield (3 de xuño de 1942 – 26 de decembro de 1999) foi un compositor, cantante e produtor de soul, R&B e funk estadounidense. É coñecido polos seus himnos con The Impressions durante o Movemento polos Dereitos Civís dos anos 60, e por compoñer a banda sonora do filme blaxploitation Super Fly. Mayfield está considerado un dos pioneiros do funk e da conciencia política na música afroamericana. Tamén foi un multi-instrumentista que tocou a guitarra, baixo, piano, saxofón e batería. Mayfield gañou os premios Grammy Legend Award (en 1994) e Grammy Lifetime Achievement Award (en 1995), e foi introducido dúas veces no The Rock and Roll Hall of Fame, unha como membro de The Impressions en 1991 e outra como artista en solitario en 1999. Tamén entrou dúas veces no Grammy Hall of Fame.