DOS (Disk Operating System) é unha familia de sistemas operativos para PC: PC-DOS, MS-DOS, FreeDOS, DR-DOS, Novell-DOS, OpenDOS, PTS-DOS, ROM-DOS e moitos outros. O MS-DOS de Microsoft foi o máis extensamente usado, estes sistemas operativos corrían en hardware do tipo IBM PC usando CPU Intel x86 de 16 bits ou compatibles. Tiña unha interface de liña de comandos. Coa aparición dos sistemas operativos gráficos, tipo Windows, o DOS quedou relegado a un segundo plano.