Dacota do Sur

Modelo:Xeografía políticaDacota do Sur
State of South Dakota (en) Editar o valor em Wikidata

HimnoHail, South Dakota! (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Under God the people rule» (1885–) Editar o valor em Wikidata
Símbolo oficialFaisán común (aves) Editar o valor em Wikidata
AlcumeThe Mount Rushmore State Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aPobo dakota Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°30′N 100°00′O / 44.5, -100Coordenadas: 44°30′N 100°00′O / 44.5, -100
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
CapitalPierre, Dacota do Sur Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación886.667 (2020) Editar o valor em Wikidata (4,44 hab./km²)
Número de fogares347.878 (2020) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie199.729 km² Editar o valor em Wikidata
Auga1,69 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porLake Traverse (en) Traducir, Lago Big Stone (pt) Traducir, Big Sioux River (en) Traducir, Río Missouri, Bois de Sioux River (en) Traducir, Little Minnesota River (en) Traducir e Lake Oahe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude670 m Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPico Harney (pt) Traducir (2.208 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago Big Stone (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de novembro de 1889 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
2 de novembro de 1889Proclamation 291 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of South Dakota (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Governador da Dakota (pt) Traducir Editar o valor em WikidataKristi Noem (2019–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoSouth Dakota Legislature (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSouth Dakota Supreme Court (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-SD Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS1785534 Editar o valor em Wikidata

Páxina websd.gov Editar o valor em Wikidata
BNE: XX456585

Dacota do Sur[1][2] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O nome do Estado provén das tribos amerindias lakota e Dakota (Síux).

Localizado na rexión Medio Oeste do país, a maior parte de Dacota do Sur atópase na zona xeográfica das Grandes Planicies americanas, por iso, a maior parte de da súa xeografía caracterízase por ser un terreo pouco accidentado, relativamente chairo. Dacota do Sur está dividida polo río Missouri, que separa o estado en dúas metades social e economicamente distintas, coñecidas polos residentes como "río leste" e "río oeste". A agricultura foi historicamente a súa principal fonte de riqueza. O Estado é un dos líderes nacionais na produción de trigo. Dacota do Sur tamén posúe unha das maiores cabanas de gando bovino do país. Dominada por un economía baseada na agricultura, Dacota do Sur procurou diversificar a súa economía para atraer e manter aos seus residentes. O estado, con todo, segue sendo maioritariamente rural, cunha das densidades de poboación máis baixas dos Estados Unidos.[3]

Na porción suroeste do estado destacan as montañas Black Hill. É unha rexión de grande importancia relixiosa para os amerindios locais, así como unha importante atracción turística, porque Black Hills contén o famoso Monte Rushmore, onde están esculpidos os bustos de catro Presidentes americanos. Esta enorme escultura é unha das atraccións turísticas máis coñecidas do mundo, e que dá ao Estado o sobrenome de The Mount Rushmore State.

A rexión que forma actualmente Dacota do Sur foi unha das últimas zonas dos Estados Unidos continentais en ser explorada e asentada polos americanos. En 1858, o goberno americano crearía o Territorio de Dacota - un territorio que incluía o que forma actualmente os Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, ata entón parte do Territorio de Minnesota. O Territorio de Dacota estivo escasamente poboado ata o século XIX, cando as primeiras liñas ferroviarias foron construídas ao longo do Territorio de Dacota, incentivando así a práctica da agricultura na rexión. Inicialmente, só algúns poucos latifundistas dominaban a economía do territorio. Con todo, o éxito destes latifundistas e os ferrocarrís atraeron a miles de persoas á rexión. O 2 de novembro de 1889, o Territorio de Dacota foi dividido nas actuais Dacota do Norte e Dacota do Sur, e ambas foron elevadas á categoría de Estados, incorporándose á Unión.

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Dacota do Sur (EUA) 
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 
  3. www.answers.com (ed.). "List of States by Population Density". Arquivado dende o orixinal o 01/09/2007. Consultado o 16/08/2007. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy