Dado

Catro dados de cores ensinando as seis caras posibles
Catro dados de cores ensinando as seis caras posibles.

Un dado[1] é un pequeno obxecto de forma poliédrica preparado para se pousar nunha das súas múltiples posicións sobre unha superficie plana, usado para xerar números aleatorios. Isto fai que os dados sexan axeitados para os xogos de azar ou xogos de mesa.

O dado tradicional é un cubo, cun número do 1 ao 6 en cada unha das súas caras. O deseño, no seu conxunto, pretende devolver un número enteiro do un ao 6 de xeito completamente aleatorio e con cada valor igualmente probable. Tamén existen outros obxectos considerados dados cunha variedade de formas, regulares e irregulares, e símbolos nas súas caras no canto de números.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dado.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in