Dalai Lama

Tenzin Gyatso, 14° Dalai Lama.

Dalai Lama,[1][2] é un monxe da escola Gelug ou "Sombreiro Amarelo" do budismo tibetano,[3] a máis nova das escolas do budismo tibetano[4] fundada por Je Tsongkhapa. O décimo cuarto e actual Dalai Lama é Tenzin Gyatso.

O Dalai Lama é considerado sucesor dunha liña de tulkus,[1] é dicir, encarnacións de Avalokiteśvara,[2] o Bodhisattva da Compaixón.[5] O nome é unha combinación da palabara mongol dalai que significa "océano" e a palabra tibetana བླ་མ་ (bla-ma) "mestre, mentor". A palabra tibetana "lama" correspóndese coa palabra sánscrita "gurú".[6]

Dende 1642 até a década de 1950 (agás dende 1705 a 1750), o Dalai Lamas ou o seu rexente dirixiu o Goberno Tibetano ou Ganden Phodrang que domina a meseta tibetana dende Lhasa con diversos graos de autonomía. Este goberno foi, polo xeral, suxeito de patronazgo e protección dos reis mongois dos khanatos de Khoshut e Dzungar (1642-1720) e dos emperadores manchús da Dinastía Qing (1720-1912).[7]

Os budistas tibetanos consideran que os Dalai Lama son emanacións do Buddha Avalokiteśvara, aínda que non é un mestre Buddha senón un Bodhisattva, é o patrón do Tíbet e crese que, tras a súa morte, a súa conciencia sutil tarda un intervalo de corenta e nove días, polo menos, para nacer de novo nun neno que xa desde o seu nacemento pode dar sinais do seu carácter especial. Avalokiteśvara é unha deidade importante para o budismo tibetano e é considerado nos ensinos vajrayāna como un buda. En cambio, para os ensinos mahāyāna é visto máis ben como un bodhisattva de elevado nivel.

Tras a morte do Dalai Lama, o Panchen Lama encárgase de recoñecer a súa reencarnación, ou tulku (normalmente un neno) por estes sinais, quen pasará a ser o novo Dalai Lama. Á súa vez, o Dalai Lama debe recoñecer á reencarnación do Panchen Lama tras a morte deste.

  1. 1,0 1,1 Dictionary.com (ed.). "Define Dalai lama". Consultado o 12 de marzo de 2014. 
  2. 2,0 2,1 Oxford Dictionaries (ed.). "Definition of Dalai Lama in English". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2013. Consultado o 2 de maio de 2015. 
  3. Dr Alexander Berzin (novembro de 2014). Berzin Archives, ed. "Special Features of the Gelug Tradition - para. on Administration". Consultado o 8 de maio de 2015. 
  4. Schaik, Sam van. Tibet: A History. Yale University Press 2011, page 129, "Gelug: the newest of the schools of Tibetan Buddhism".
  5. Peter Popham (29 de xaneiro de 2015). Newsweek magazine, ed. "Relentless: The Dalai Lama's Heart of Steel". 
  6. "lama" da Encyclopædia Britannica
  7. Smith, Warren W. Jr. (1997). HarperCollins, ed. Tibetan Nation: A History of Tibetan Nationalism and Sino-Tibetan Relations. Nova Deli. pp. 107–149. ISBN 0813331552. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy