A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Dallara Automobili é un fabricante italiano de chasis para varias series do automobilismo, coñecido principalmente polo seu case monopolio na Fórmula Tres desde 1993. Dallara tamén produce chasis utilizados pola IndyCar Series, Indy Lights, GP2 Series, World Series by Renault, GP3 Series, Super Formula e ADAC Formel Masters e é un dos fabricantes da Grand-Am Rolex Sports Car Series. Nos últimos anos as actividades de enxeñería ampliáronse considerablemente (na actualidade representa o 40% das vendas totais), tanto en termos dos coches de carreiras e dos coches de estrada de alto rendemento.
En 2012 a compañía abriu un centro de enxeñería en Speedway, Indiana, onde se producen e ensamblan os IndyCar do futuro. O mesmo edificio tamén alberga un centro de entretemento, onde os visitantes poden aprender como se fabrica un coche de carreiras.[1]