دمشق (ar) | |||||||||||
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
País | Siria | ||||||||||
Subdivisões da Síria (pt) | Damasco (pt) | ||||||||||
Capital de | Siria (1945–) | ||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 2.584.771 (2023) (24.616,87 hab./km²) | ||||||||||
Lingua oficial | lingua árabe | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 105 km² | ||||||||||
Bañado por | Rio Barada (pt) | ||||||||||
Altitude | 680 m | ||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Xefe do goberno | Bishr Al Sabban | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Prefixo telefónico | 011 | ||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | damascus.gov.sy | ||||||||||
Damasco[1][2][3] (en árabe: دمشق, tr. "Dimashq") é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en árabe: مدينة الياسمين Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso de Levante. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.
Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004).[4] Xeograficamente situada ó pé da Cordilleiro do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.
Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.