Daniel Ricciardo

Modelo:BiografíaDaniel Ricciardo

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Daniel Joseph Ricciardo Editar o valor en Wikidata
1 de xullo de 1989 Editar o valor en Wikidata (35 anos)
Perth, Australia Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewman College, Perth (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAustralia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
competición de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo Vehículo empregado
2011-2011Hispania Racing F1 Team
2012-2013Scuderia Toro Rosso
2014-2018Red Bull Racing
2019-2020Renault F1 Team
2021-McLaren
2023-2024Scuderia Alpha Tauri Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webdanielricciardo.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3912020 Facebook: DanielRicciardo Twitter: danielricciardo Instagram: danielricciardo Youtube: UC23P0g2Vt4o6qt5dglgOGKQ Editar o valor en Wikidata

Daniel Joseph Ricciardo, nado en Perth, Australia Occidental, o 1 de xullo de 1989 é un piloto de carreiras australiano que actualmente compite na Fórmula 1 como terceiro pilotode Red Bull Racing. Gañou o Campionato británico de Fórmula Tres de 2009. Logo de que Mark Webber anunciara a súa retirada da Fórmula Un, Ricciardo foi confirmado como o seu substituto en Infiniti Red Bull Racing para 2014.[1] Na súa primeira tempada con Red Bull, Ricciardo terminou terceiro no campionato logrando as súas tres primeiras vitorias na Fórmula Un, no Canadá,[2] Hungría,[3] e Bélxica.[4]

Despois de dous anos sen vitorias, Ricciardo regresou ao máis alto do podio no Gran Premio de Malaisia de 2016, acabando por acadar o terceiro posto no campionato por segunda vez en tres anos no Gran Premio de México de 2016.[5][6] Desde entón sumou vitorias no Gran Premio de Acerbaixán en 2017 e nos grandes premios de China e Mónaco en 2018. Despois de 2018, Ricciardo asinou con Renault e competiu con eles nas tempadas 2019 e 2020. Asinou con McLaren para as tempadas 2021 e 2022 de Fórmula Un xunto a Lando Norris. Obtivo a súa única vitoria con McLaren no Gran Premio de Italia de 2021. Logo da tempada 2021, Ricciardo foi nomeado Membro da Orde de Australia nos 2022 Australia Day Honours. Deixou McLaren a finais de 2022 e converteuse no terceiro piloto de Red Bull para o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2023. Substituíu o saínte Nyck de Vries en AlphaTauri despois da décima rolda da tempada, cedido por Red Bull Racing, e segue correndo para o equipo, que cambiou o seu nome a RB Formula One Team na tempada 2024.

  1. "F1: Australian Daniel Ricciardo named as successor to Mark Webber driving for team Red Bull in 2014". Australian Broadcasting Corporation. Consultado o 3 de setembro de 2013. 
  2. Benson, Andrew (8 de xuño de 2014). "Ricciardo wins ahead of Rosberg, Hamilton retires". BBC Sport (BBC). Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. Johnson, Daniel (27 de xullo de 2014). "Lewis Hamilton beats Nico Rosberg to third at Hungarian GP in thrilling battle as Daniel Ricciardo claims victory". The Daily Telegraph (Telegraph Media Group). Consultado o 29 de xullo de 2014. 
  4. "Daniel Ricciardo Q&A: Great to taste winner's champagne again!". Formula1.com (Formula One Administration). 24 de agosto de 2014. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  5. "Daniel Ricciardo Wins Malaysian Grand Prix in a Red Bull Sweep". New York Times. Consultado o 2 de outubro de 2016. 
  6. "How Daniel Ricciardo ended up finishing third in the Mexican Grand Prix". Fox Sports AU. Consultado o 30 de outubro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in