Nome orixinal | (ru) Дании́л Квят | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||
Nacemento | (ru) Даниил Вячеславович Квят 26 de abril de 1994 (30 anos) Ufa, Rusia | ||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia Rusia | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
2011 | 2011 Formula Renault 2.0 NEC season (en) | ||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Parella | Kelly Piquet (2017–2020) | ||||||||||||||||
Páxina web | en.kvyat.com | ||||||||||||||||
Daniil Vyacheslavovich Kvyat (ruso Дании́л Вячесла́вович Квят), nado o 26 de abril de 1994 en Ufa, Bashkortostán, Rusia, é un piloto ruso.
Foi subcampión na Eurocup Formula Renault 2.0 e campión nas Formula Renault 2.0 Alps Series de 2012 e GP3 Series de 2013. Fixo o seu debut na Fórmula 1 como piloto de Toro Rosso en 2014 e finalizou 15º no Campionato do Mundo. Logo pasou a Red Bull Racing como compañeiro Daniel Ricciardo para a tempada 2015. Logrou o seu primeiro podio na Fórmula Un no Gran Premio de Hungría de 2015, terminando segundo por detrás de Sebastian Vettel. Na súa primeira tempada con Red Bull Racing, Kvyat terminou 7º no Campionato de Pilotos, por diante do seu compañeiro de equipo. Comezou a tempada 2016 con Red Bull Racing, logrando o seu segundo podio, terminando terceiro no Gran Premio da China de 2016. No entanto, tras a polémica colisión durante a volta inicial da súa carreira na casa de Sochi, Kvyat volveu a Scuderia Toro Rosso antes do Gran Premio de España de 2016, onde terminou a tempada e foi retido polo equipo para a seguinte. Aínda que demostrou de forma consistente sólidas actuacións nas cualificacións do 2017, a súa tempada estivo chea de varios problemas, incluíndo varias retiradas en carreiras onde puido puntuar. Despois do Gran Premio dos Estados Unidos de 2017, onde logrou os seus últimos puntos de F1, Kvyat e Red Bull separáronse, terminando efectivamente o seu contrato. En xaneiro de 2018, anunciouse que Kvyat unírase a Scuderia Ferrari como piloto de desenvolvemento. En 2019 volveu a competir con Toro Rosso e na tempada 2020 competiu con Scuderia Alpha Tauri.