David Lynch

Infotaula de personaDavid Lynch

(2017) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) David Keith Lynch Editar o valor em Wikidata
20 de xaneiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Missoula, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Liv UllmannPatrice Chéreau → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade George Washington
Francis C. Hammond Middle School (en) Traducir
AFI Conservatory (en) Traducir
Academia de Belas-Artes da Pensilvânia (pt) Traducir
Corcoran College of Art and Design (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , actor de cinema , compositor de cancións , letrista , produtor de cinema , artista discográfico , fotógrafo , escritor , actor de televisión , pintor , guionista , actor , montador , compositor , animador , actor de dobraxe , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1966 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRealismo máxico Editar o valor em Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeEmily Stofle (2009–2023), divorcio
Mary Sweeney (2006–2007), divorcio
Mary Fisk (1977–1987), divorcio
Peggy Reavey (1968–1974), divorcio
ParellaIsabella Rossellini Editar o valor em Wikidata
FillosJennifer Lynch (pt) Traducir
 () Peggy Reavey (en) Traducir
Lula Boginia Lynch (en) Traducir
 () Emily Stofle (en) Traducir
Austin Jack Lynch (en) Traducir
 () Mary Fisk (en) Traducir
Riley Sweeney Lynch (en) Traducir
 () Mary Sweeney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMartha Lynch Levacy (en) Traducir e John Lynch (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavidlynch.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000186 Allocine: 648 Rottentomatoes: celebrity/david_lynch Allmovie: p100454 TCM: 118023 TV.com: people/david-lynch
Facebook: davidlynchofficial Twitter: DAVID_LYNCH Youtube: UCop0wKXaCy-hSFt-_9ulsOg BNE: XX832488 Bandcamp: davidlynch Spotify: 2Gu6Q05ExIGwHTF43kqLBI iTunes: 5961082 Musicbrainz: 752d58e6-d33f-4dcd-b40c-37acc14242f2 Songkick: 62306 Discogs: 47572 Allmusic: mn0001640894 WikiTree: Lynch-16764 Deezer: 13646 Editar o valor em Wikidata

David Keith Lynch, nado en Missoula (Montana) o 20 de xaneiro de 1946, coñecido como David Lynch, é un director de cine estadounidense. A súa actividade artística esténdese así mesmo ó terreo da pintura, a música, a fotografía e incluso o deseño de mobiliario. Foi descrito por The Guardian como "o director máis importante desta época".[1] AllMovie chamouno "o home do renacemento do cinema moderno estadounidense",[2] mentres que o éxito dos seus filmes puxéronlle a etiqueta de "o primeiro surrealista popular".[3]

Debutou no cinema co filme surrealista de terror Eraserhead, ao que seguiron The Elephant Man e Dune, que foi un fracaso de público e crítica. Tras o filme neo-noir Veludo azul, creou xunto con Mark Frost a serie de televisión Twin Peaks. Á parte do filme familiar Unha historia verdadeira, dirixiu filmes que seguían unha estrutura narrativa non linear. Na actualidade algúns dos seus proxectos cinematográficos e de animación son só accesibles a través da súa páxina web de pagamento.[4]

As súas películas tenden a describir pequenas comunidades dos Estados Unidos, como o caso de Twin Peaks ou Veludo azul. Lynch sente tamén predilección polos segredos ocultos dos barrios periféricos dos Ánxeles, retratados en Lost Highway e Mulholland Drive. O son nas súas películas é de grande importancia e por iso cada banda sonora é traballada con esmero. O responsable de conseguir que ese son resulte tan especial é o compositor Angelo Badalamenti, colaborador habitual do director, creador entre outras da banda sonora da serie de televisión Twin Peaks ou da inquietante e perturbadora Lost Highway. Recoñecido admirador de Jacques Tati, Ingmar Bergman ou Werner Herzog,[5] Lynch conseguiu destacarse como un director cun estilo persoal, e constitúe un referente no cine contemporáneo. Veludo azul e Mulholland Drive foron considerados amplamente pola crítica entre os mellores das súas respectivas décadas.[6][7]

  1. "40 best directors". Londres: The Guardian Online. 2007. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2007. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  2. Ankeny, Jason. "David Lynch: Biography". AllMovie. Consultado o 29 de novembro de 2010. 
  3. Pauline Kael, citada en Lynch and Rodley 2005. p. xi.
  4. "www.DavidLynch.com". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2008. Consultado o 03 de setembro de 2007. 
  5. Lynch and Rodley 2005. p. 62.
  6. "David Lynch's Acclaimed Films". They Shoot Pictures, Don't They. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  7. "Film Critics Pick the Best Movies of the Decade". Metacritic. 3 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 3 de novembro de 2016. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy