Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2024) |
A decadencia e caída do Imperio romano é un concepto historiográfico que fai referencia ás transformacións operadas durante a Anarquía Militar e o Baixo Imperio Romano, que a partir de 395 conduciron a unha rápida deterioración do poder romano, e ao afundimento do Imperio de Occidente, cuxo derradeiro emperador efectivo, Rómulo Augústulo, foi deposto polo caudillo hérulo Odoacro, empregado ao servizo de Roma.