Os dedos son as extremidades dos membros dos mamíferos mais tamén se dá este nome a algunhas articulacións dos apéndices de moitos artrópodos e doutros pequenos animais.[1]
Nos mamíferos, o número básico de dedos en cada membro é de cinco, mais moitas especies perderon algúns deles no decurso da evolución. Así, por exemplo, os perisodáctilos, que en grego significa literalmente 'dedos impares', teñen un número impar de dedos[2] (os cabalos e outros équidos teñen un único dedo e os rinocerontes teñen tres), mentres que os artiodáctilos (vaca, ovella, porco) teñen un número par.
Por outro lado, a malformación da man ou do pé pode dar orixe a un número de dedos diferente do normal:
Os dedos están formados por dous ou tres ósos, chamados falanxes. As extremidades exteriores dos dedos están protexidas por unllas, que no home é unha lámina superior e noutros animais poden ter a forma de garras ou pezuños.