Deferribacteres

Deferribacteres
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Deferribacteres
Clase: Deferribacteres Huber and Stetter 2002
Orde: Deferribacterales Huber and Stetter 2002
Familia: Deferribacteraceae Huber and Stetter 2002
Xéneros

Os Deferribacteres son un grupo de bacterias que comprende unha soa familia (Deferribacteriaceae) e están clasificados no seu propio filo.[1]

Os xéneros Deferribacter e Geovibrio son anaerobios, pero con certa versatilidade, xa que poden usar diversos aceptores finais de electróns, entre eles o ión férrico, entanto que Flexistipes é anaerobio estrito.

O nome do filo deriva do nome do xénero Deferribacter, que procede do latín:
prefixo de + ferrum, "ferro"" + o nome neolatino masculino bacter, que significa "bastón" ou aquí "bacilo", é dicir, "bacilo que reduce ferro".

  1. Huber, H., and Stetter, K.O.. "Family I. Deferribacteraceae fam. nov." In: Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, 2nd ed., vol. 1 (The Archaea and the deeply branching and phototrophic Bacteria) (D.R. Boone and R.W. Castenholz, eds.), Springer-Verlag, New York (2001). pp. 465-466.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy