Unha deidade é un ser natural ou sobrenatural considerado divino ou sacro.[1] O Dicionario de Oxford de inglés define deidade como "un deus ou deusa (nunha relixión politeísta)", ou calquera cousa venerada como divina.[2]C. Scott Littleton define unha deidade como "un ser con poderes meirandes que aqueles de humanos normais, mais que interactúa con humanos, positivamente ou negativamente, en formas que levan os humanos a niveis novos de consciencia máis aló das súas preocupacións da vida normal".[3] Unha deidade masculina é un deus, mentres que unha deidade feminina é unha deusa.
As relixiónsmonoteístas acepta só unha deidade (predominantemente coñecida como Deus),[4][5] As relixións politeístas aceptan múltiples deidades,[6] As relixións henoteístas aceptan unha deidade suprema sen negar outras deidades, considerándoas aspectos equivalentes do mesmo ser divino,[7][8] mentres que numerosas relixións non teístas negan calquera deidade creadora suprema pero aceptan un panteón de deidades que viven, morren e renacen como calquera outro ser.[9][10]