Dereito penal

Enténdese como dereito penal ou dereito criminal aquela rama do dereito que estuda o delito, o delincuente e a pena. Esta rama do dereito regulas as infraccións e as consecuencias destas. O dereito penal ten autonomía, ciencia e categorías propias, e tamén ten conceptos propios e exclusivos, os cales pode prestar a outras ramas xurídicas.

Dentro do dereito penal podemos distinguir entre dúas ramas: dereito penal obxectivo e o subxectivo. Por unha banda podemos definir o dereito penal obxectivo como o conxunto de regras establecidas polo estado que establecen a pena correspondente a cada delito. Por outra, o dereito penal subxectivo é o conxunto que ten o estado de definir os delitos e impoñer e facer executar as penas impostas a cada delito.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in