Derrick Rose

Derrick Rose
Memphis Grizzlies – No. 23
Posición Base
Información persoal
Nacemento 4 de outubro de 1988 (35 anos)
Chicago, Illinois
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 86 kg (190 lb)
Información da carreira
Instituto Simeon Career Academy (Chicago, Illinois)
Universidade Memphis (2007–2008)
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 1
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2008
Historial de equipos
Chicago Bulls (2008–2016)
New York Knicks (2016–2017)
Cleveland Cavaliers (2017–2018)
Minnesota Timberwolves (2018–2019)
Detroit Pistons (2019–2021)
New York Knicks (2021–2023)
Memphis Grizzlies (2023–presente)
Premios e galardóns

Derrick Martell Rose, nado o 4 de outubro de 1988 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Tras ser elixido no draft en 2008, foi nomeado Rookie do Ano da NBA no ano 2009, converteuse en All-Star na súa segunda tempada, e aos 22 anos, en 2011, foi o xogador máis novo en ser nomeado MVP da Tempada da NBA, sendo o único xogar dos Bulls xunto a Michael Jordan en conseguir dito galardón.

Natural de Chicago, Rose aprendeu a xogar ao baloncesto xunto aos seus tres irmáns máis vellos. Gañou dous campionatos no instituto, e xogou para a Universidade de Memphis, onde chegou á final do campionato da NCAA. Pouco máis tarde declarouse elixible para o Draft da NBA de 2008, onde foi seleccionado polos Chicago Bulls.[1] No seu primeiro ano no baloncesto profesional foi nomeado Rookie do Ano[2] e elixido no mellor quinteto de rookies da NBA.[3] Na súa segunda tempada, foi elixido para o All-Star,[4] e tamén xogou coma titular no equipo nacional dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA do ano 2010, onde gañou a medalla de ouro.[5]

  1. "Bulls go with native Chicagoan Rose over Beasley". ESPN.com. Consultado o 26 de xuño de 2008. 
  2. "Chicago Bulls' Derrick Rose named NBA Rookie of the Year". Chicago Tribune. 22 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2009. Consultado o 22 de abril de 2009. 
  3. "Bulls' Derrick Rose a unanimous selection to the 2008–09 NBA All-Rookie First Team". Chicago Tribune. April 30, 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2009. Consultado o 3 de maio de 2009. 
  4. "Derrick Rose Named 2010 All-Star". ChicagoBulls.com. Consultado o 31 de xaneiro de 2010. 
  5. "Bright future keeps Rose cruising along in career". nba.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2010. Consultado o 1 de setembro de 2010. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy