(mn) Говь (mn) ᠭᠣᠪᠢ (zh-hans) 戈壁 | |||||
Tipo | deserto | ||||
---|---|---|---|---|---|
Ecorexión (WWF) | Eastern Gobi Desert steppe (en) , Alashan Plateau semi-desert (en) e Gobi Lakes Valley desert steppe (en) | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
| |||||
Características | |||||
Altitude | 1.547 m | ||||
Dimensións | 1.500 () km | ||||
Punto máis baixo | Nemegt Basin (en) | ||||
Punto máis alto | Bogd Khan Mountain (en) | ||||
Superficie | 2.354.460 km² | ||||
Medicións | |||||
Clima | cold desert climate (en) | ||||
O deserto do Gobi é unha vasta rexión desértica comprendida entre o norte da China e o sur da Mongolia. A cunca desértica está delimitada polas montañas Altai, a estepa de Mongolia, a meseta do Tíbet e a chaira do norte da China. O nome Gobi significa "deserto" en mongol.
É o deserto areento máis setentrional de todos, no que viven algúns animais raros tales como o camelo bactriano (de dúas corcovas) e o rarísimo cabalo de Przewalski.
O Gobi esténdese sobre 1.600 km do suroeste ao nordeste e sobre 800 km do norte ao sur. A súa superficie estimase en 1 300 000 km², o que o fai o un dos máis grandes desertos do mundo. Contrariamente ás imaxes frecuentemente asociadas aos desertos, o Gobi non está recuberto de area senón sobre todo de pedras.
O deserto de Gobi é coñecido no mundo da Paleontoloxía pola riqueza e calidade dos seus restos fóseis, entre os que foron descritas pola primeira vez moitas especies de dinosauros.