Desprazamento ao vermello

Universo observable con desprazamento ao vermello de z=0.01 a z=1089
Desprazamento ao vermello das liñas espectrais no espectro visible dun supercúmulo de galaxias distantes (dereita), comparado co do Sol (esquerda). A lonxitude de onda increméntase cara ao vermello e máis alá.
Desprazamento ao vermello ou ao azul en función do movemento relativo entre o obxecto emisor e o observador.
Figura que ilustra o desprazamento ao vermello de tipo gravitacional.

En física e astronomía, o desprazamento ao vermello ou desvío ao vermello (en inglés: redshift), ten lugar cando a radiación electromagnética, normalmente a luz visible, que se emite ou reflict desde un obxecto se despraza cara ao vermello ao final do espectro electromagnético. De xeito máis xeral, o desprazamento ao vermello defínese como un incremento na lonxitude de onda de radiación electromagnética recibida por un detector comparado coa lonxitude de onda emitida pola fonte. Este incremento na lonxitude de onda correspóndese cun decremento na frecuencia da radiación electromagnética. En cambio, o decrecemento na lonxitude de onda chámase desprazamento ao azul.

Calquera incremento na lonxitude de onde denomínase "desprazamento cara ao vermello", mesmo se ocorre na radiación electromagnética de lonxitudes de onda non visibles, como os raios gamma, raios X e a radiación ultravioleta. Esta denominación pode ser confusa xa que a lonxitudes de onda maiores que o vermello (por exemplo, infravermello, microondas e ondas de radio), os "desprazamentos ao vermello" afánstanse da lonxitude de onda do vermello. Así que falar de frecuencias de ondas menores que o vermello continúa a significar que a lonxitude de onde tende a alongarse e non a semellarse ao vemello.

Un desprazamento ao vermello pode ocorrer cando unha fonte de luz se afasta dun observador, correspondéndose a un desprazamento Doppler que cambia a frecuencia percibida das ondas sonoras. Aínda que a observación deses desprazamentos ao vermello, ou o seu contraposto, ao azul, ten numerosas aplicacións terrestres (por exemplo o radar Doppler e a pistola radar).[1] A espectroscopia astronómica utiliza os desprazamentos ao vermello Doppler para determinar o movemento de obxectos astronómicos distantes.[2] Este fenómeno foi predito por primeira vez e observado no século XIX cando os científicos comezaron a considerar as implicacións dinámicas da natureza ondulatoria da luz.

Outro mecanismo de desprazamento ao vermello é a expansión métrica do espazo, que explica a famosa observación dos desprazamentos ao vermello espectrais de galaxias distantes, quásares e nubes gasosas intergalácticas que se incrementan proporcionalmente coa súa distancia ao observador. Este mecanismo é unha característica clave do modelo do Big Bang da cosmoloxía física.[3]

Un terceiro tipo de desprazamento ao vermello, o desprazamento ao vermello gravitacional (tamén coñecido como efecto Einstein), é un resultado da dilatación do tempo que ocorre preto de obxectos masivos, de acordo coa relatividade xeral.[4]

Estes tres fenómenos poden comprenderse baixo o paraugas de leis de transformación de marcos. Existen outros moitos mecanismos con descricións físicas e matemáticas moi diferentes que poden conducir a un desprazamento na frecuencia de radiación electromagnética e con accións que poden ser coñecidas ocasionalmente como "desprazamento ao vermello", incluíndo a dispersión e efectos ópticos.

  1. Feynman, Leighton y Sands (1989) ou Taylor (1992) para unha discusión relativista.
  2. Binney e Merrifeld (1998), Carroll y Ostlie (1996), Kutner (2003) para aplicacións astronómicas.
  3. Misner, Thorne and Wheeler (1973) y Weinberg (1971)
  4. Misner, Thorne y Wheeler (1973) e Weinberg (1971).

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy