Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2016) |
Detroit Red Wings | |
---|---|
Fundación | 1926 |
Cidade | Detroit, Míchigan Estados Unidos |
Estadio | Joe Louis Arena (20.058 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Leste |
División | Atlantic |
Campionatos | 11 |
Propietario(s) | Mike Ilitch |
Director | Ken Holland |
Adestrador | Jeff Blashill |
Afiliado(s) | Grand Rapids Griffins (AHL) Toledo Walleye (ECHL) |
Cores | Negro, branco |
Na rede | |
http://redwings.nhl.com/ | |
O Detroit Red Wings é un equipo de hóckey sobre xeo con sede na cidade de Detroit, Míchigan (Estados Unidos). Os Red Wings compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo en América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Atlantic Division da Conferencia Leste. Xogan os seus partidos como locais no Joe Louis Arena dende 1979. O equipo forma parte do denominado Original Six, e con 11 títulos de liga é o equipo estadounidense con máis títulos da competición e o terceiro por detrás dos canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs, ademais gañou seis títulos de conferencia, e 18 de división.
Fundados en 1926, os Red Wings son unha das franquías máis antigas da NHL que seguen activas,[Nota 1] formando parte entre 1942 e 1967 do denominado Original Six xunto cos estadounidenses Boston Bruins, Chicago Blackhawks e New York Rangers, e os canadenses Montreal Canadiens e Toronto Maple Leafs.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "Nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="Nota"/>
correspondente