Deusa

Ceres, a deusa romana da agricultura.

Unha deusa é unha deidade feminina nas relixións politeístas,[1] en contraste coas deidades masculinas coñecidas como "deuses". Moitas relixións e culturas adoraron a deusas e, en parte, tamén este culto mantense até a época actual. A idea ou representación conceptual destas deidades, así como a súa área de acción, asociáronse frecuentemente á fertilidade, á maternidade ou a outras figuras femininas comúns.[2] Porén, existen tamén deusas da guerra, da sabedoría, do mar ou do coñecemento. Frecuentemente son parte dun longo panteón que inclúe os xéneros convencionais e, nalgúns casos, incluso deidades hermafroditas (ou de xénero neutro).

  1. Ellwood, Robert S. (2007). The Encyclopedia of World Religions (Rev. ed.). Nova York: Facts on File. p. 181. ISBN 1438110383. 
  2. TV.com (ed.). "Joseph Campbell and the Power of Myth - Season 1, Episode 5: Love and the Goddess - TV.com". CBS Interactive. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 29 de agosto de 2017. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in