Diabetes mellitus

Diabetes mellitus
Clasificación e recursos externos
Círculo azul, símbolo internacional da diabetes.[1]
ICD-10E10E14
ICD-9250
MedlinePlus001214
eMedicineemerg/134
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Diabetes mellitus tipo 2
Diabetes mellitus tipo 2
Diabetes mellitus tipo 1
Diabetes mellitus tipo 1
Efecto de la diabetes en el cuerpo
Efecto da diabetes no corpo

A diabetes mellitus (DM) é un conxunto de trastornos metabólicos, cuxa característica común principal é a presenza de concentracións elevadas de glicosa no sangue de maneira persistente ou crónica, debido xa sexa a un defecto na produción de insulina, a unha resistencia á acción dela para utilizar a glicosa, a un aumento na produción de glicosa ou a unha combinación destas causas. Tamén se acompaña de anormalidades no metabolismo dos lípidos, proteínas, sales minerais e electrólitos.[2][3][4][5][6][7][8]

A diabetes asóciase coa aparición de complicacións en moitos sistemas orgánicos, sendo os máis evidentes a perda da visión (retinopatía diabética) que pode chegar á cegueira, o compromiso dos riles (nefropatía diabética) con deterioración funcional progresiva, requirindo diálise e transplante, o compromiso de vasos sanguíneos que poden significar a perda de extremidades inferiores (amputacións) (véxase vasculopatía diabética), o compromiso do corazón con enfermidade coronaria e infarto agudo de miocardio, o compromiso cerebral e a irrigación intestinal; con todo, as complicacións máis prevalecentes afectan ao sistema nervioso periférico e autónomo. Todo isto significa unha carga moi pesada para o paciente que a padece e para todo o sistema de saúde pública.[2][4][7]

Trátase dunha complexa doenza na cal coexiste un trastorno global do metabolismo dos carbohidratos, dos lípidos e das proteínas. É multifactorial pola existencia de múltiplos factores implicados na súa patoxénese. Estímase que a padece un 7,4% da poboación adulta (1995), cun valor esperado ao redor do 9% para 2025.

Os síntomas principais da diabetes mellitus son a emisión excesiva de ouriños (poliuria), o aumento anormal da necesidade para comer (polifagia), o incremento da sede (polidipsia) e a perda de peso sen razón aparente.[9] En ocasións tómanse como referencia estes tres síntomas (poliuria, polifagia e polidipsia ou regra das 3 P) para poder sospeitar da diabetes mellitus tipo 2 ou insulinorresistente, xa que son os máis comúns na poboación. Ademais destes síntomas, tamén está o cansazo, a dor de cabeza, o mareo e vista encandeada.

Unha revisión de 2018 chega á conclusión de que un dos posibles factores de risco para desenvolver tanto a diabetes tipo 1 é o glute e que a dieta sen glute durante o embarazo reduce o risco de que o bebé desenvolva diabetes tipo 1.[10]

  1. International Diabetes Federation, ed. (17 de marzo de 2006). "Diabetes Blue Circle Symbol". Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2007. Consultado o 23 de agosto de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Alvin C. Powers (2016). "Capítulo 417: Diabetes mellitus: diagnóstico, clasificación y fisiopatología". En Kasper, Dennis; Fauci, Anthony; Hauser, Stephen; Longo, Dan; Jameson, J. Larry; Loscalzo, Joseph. Harrison. Principios de Medicina Interna, 19e (19e ed.). McGRAW-HILL INTERAMERICANA EDITORES, S.A. ISBN 9786071513359. Consultado o 27 de decembro do 2022. 
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome triplitt
  4. 4,0 4,1 Francisco Javier Tébar Massó; Mercedes Ferrer Gómez (2014). "Concepto, clasificación y diagnóstico de la diabetes mellitus". En Tébar Massó, Francisco Javier. La Diabetes en la Práctica Clínica (eBook) (1 ed.). Ed. Médica Panamericana. ISBN 9788498355253. Consultado o 27 de decembro do 2022. 
  5. World Health Organization Centro de prensa (xaneiro de 2015). "Diabetes". 
  6. Piero, M.N.; Nzaro, G.M.; Njagi, J.M. (2014). "Diabetes mellitus – a devastating metabolic disorder" [Diabetes mellitus - un desorden metabólico devastador] (PDF). Asian Journal of Biomedical and Pharmaceutical Sciences (en inglés) (Nairobi, Kenya: Open Access) 4 (40): 1–7. ISSN 2249-622X. doi:10.15272/ajbps.v4i40.645. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de decembro de 2022. Consultado o 27 de decembro do 2022. 
  7. 7,0 7,1 World Health Organisation Department of Noncommunicable Disease Surveillance (1999). "Definition, Diagnosis and Classification of Diabetes Mellitus and its Complications" [Definición, diagnóstico y clasificación de la diabetes mellitus y sus complicaciones] (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de marzo de 2003. Consultado o 27 de decembro do 2022. 
  8. OMS (8 de marzo de 2015). "Definition and diagnosis of diabetes mellitus and intermediate hyperglycaemia: Report of a WHO/IDF consultation" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de maio de 2015. Consultado o 27 de decembro do 2022. 
  9. Secretaría de Salud de México. "Proyecto de modificación a la Norma Oficial Mexicana NOM-015-SSA2-1994 para la prevención, tratamiento y control de la diabetes". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 27 de decembro do 2022.  Véxase tamén Rev Med IMSS 2000; 38(6): páx 477-495
  10. Haupt-Jorgensen M, Holm LJ, Josefsen K3, Buschard K (13 de novembro de 2018). "Possible Prevention of Diabetes with a Gluten-Free Diet". Nutrients (Revisión) 10 (11): pii: E1746. PMID 30428550. doi:10.3390/nu10111746. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy