Diamagnetismo

O grafito pirolítico ten unha das susceptibilidades máis negativas que calquera outro material a temperatura ambiente. A imaxe é unha mostra de grafito pirolítico suspendida sobre unha matriz de imáns de neodimio.

En electromagnetismo, o diamagnetismo é unha propiedade dos materiais que consiste en repeler os campos magnéticos. É o oposto aos materiais paramagnéticos os cales son atraídos polos campos magnéticos. O fenómeno do diamagnetismo foi descuberto por Sebald Justinus Brugmans que observou en 1778 que o bismuto e o antimonio foron repelidos polos campos magnéticos. O termo diamagnetismo foi acuñado por Michael Faraday en setembro de 1845, cando se deu conta de que todos os materiais responden (xa sexa en forma diamagnética ou paramagnética) a un campo magnético aplicado.

Grafito pirolítico suspendido sobre imáns de neodimio. Os imáns están organizados de maneira que o campo magnético é vertical e altérnase entre dous imáns veciños (se o campo dun dos imáns apunta cara a arriba, o do veciño apunta cara a abaixo).

As substancias son, na súa gran maioría, diamagnéticas, posto que todos pares de electróns con spin oposto contribúen debilmente ao diamagnetismo, e só nos casos nos que hai electróns desemparellados existe unha contribución paramagnética (ou máis complexa) en sentido contrario.

Algúns exemplos de materiais diamagnéticos son: a auga, o bismuto metálico, o hidróxeno, o helio e os demais gases nobres, o cloruro de sodio, o cobre, o ouro, o silicio, o xermanio, o grafito, o bronce e o xofre. Nótese que non todos os citados teñen número par de electróns.

O grafito pirolítico, que ten un diamagnetismo non especialmente alto, usouse como demostración visual, xa que unha capa fina deste material levita (por repulsión) sobre un campo magnético o suficientemente intenso (a temperatura ambiente).

Experimentalmente, verifícase que os materiais diamagnéticos teñen:

En moitos compostos de coordinación obtense unha estimación máis exacta utilizando as táboas de Pascal.

Nos materiais diamagnéticos, o fluxo magnético diminúe e nos paramagnéticos o fluxo magnético aumenta.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in