A dignidade é o valor absoluto que posúe unha persoa por ser tal. Consiste no feito de que, a diferenza das cousas, a persoa é súa, pertence a si mesma. Tanto bioloxicamente como psiquicamente a persoa pertence a si e todas as súas características e notas son propiedades súas. Esta "suidade" dá conta do que é a persoa e mais a súa dignidade persoal. Neste sentido diferénciase da cousa. Por iso, namentres que a cousa é utilizable, a persoa nunca debería ser utilizada senón tratada como un fin en si.