Diosa

O glicolaldehido é a única diosa existente.

Unha diosa (di-osa) é un monosacárido composto por dous átomos de carbono. En realidade, a fórmula xeral dun monosacárido non modificado é (C·H2O)n, onde n debe ter un valor de 3 ou máis, polo que os monosacáridos máis pequenos serían as triosas, e as diosas non se axustarían estritamente á definición formal de monosacárido. Aínda así, as diosas son xeralmente aceptadas como os azucres máis simples, xa que se poden describir coa fórmula (C·H2O)2 e levan un grupo aldehido e un grupo OH.

Só é posible unha forma de diosa, o glicolaldehido (ou 2-hidroxietanal ou 2-hidroxiacetaldehido), coa fórmula CHO-CH2OH, que é unha aldodiosa, xa que, ao posuír só dous carbonos, non é posible a formación de cetodiosas.

Artigo principal: Glicolaldehido.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in