Diridhabe (so) ![]() | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Etiopía ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 277.000 (2015) ![]() | ||||
Lingua usada | Lingua somalí Língua harari (pt) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.213 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.276 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1902 ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ET-DD ![]() | ||||
Páxina web | web.archive.org… ![]() |
Dire Dawa (en amhárico: ድሬ ዳዋ, en oromo: Dirre Dhawaa, lit. "Lugar de remedio",[1] en somalí: Diridhaba, en árabe: ديري داوا[2]) é unha das dúas cidades de Etiopía que gozan dun status especial (astedader akabibi), sendo a outra a capital, Adís Abeba. Segundo estimacións de 2008, Dire Dawa tiña unha poboación de 440 000 habitantes, o que a converte na segunda maior cidade de Etiopía.
A cidade é un centro industrial, dispón de varios mercados e un aeroporto internacional. Dire Dawa atópase no leste do país, a beiras do río Dechatu e ós pés dun anel de desfiladeiros.
En outubro de 2016 inaugurouse o ferrocarril Adís Abeba-Djibuti que ten parada en Dire Dawa. É un ferrocarril de ancho de vía internacional que une Adís Abeba, capital de Etiopía, co porto de Djibuti no golfo de Adén, achegando acceso ferroviario ó mar a Etiopía. O ferrocarril de ancho estándar substitúe ó antigo ferrocarril de vía métrica, que foi abandonado en 2006 e que foi construído polos franceses entre 1894 e 1917.