Distrito de Viseu

Modelo:Xeografía políticaDistrito de Viseu

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°39′25″N 7°54′50″O / 40.6569, -7.9139
EstadoPortugal Editar o valor en Wikidata
CapitalViseu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación96.991 (2018) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2PT-18 Editar o valor en Wikidata

O Distrito de Viseu é un distrito portugués pertencente, na súa maior parte, á provincia tradicional da Beira Alta, mais incluíndo tamén concellos pertencentes ao Douro Litoral e a Tras-os-Montes e Alto Douro. Limita a norte co Distrito do Porto, o Distrito de Vila Real e o Distrito de Braganza, ao leste co Distrito da Guarda, ao sur co Distrito de Coímbra e ao oeste co Distrito de Aveiro. A sede do distrito é a cidade co mesmo nome.

Orixinalmente, a reforma administrativa de Mouzinho da Silveira puxo a sede do distrito en Lamego (sendo, por iso, denominado Distrito de Lamego), mais a sede foi transferida a Viseu no ano de 1835, co consecuente renomeamento do distrito.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in