Djibuti

Modelo:Xeografía políticaDjibuti
جمهورية جيبوتي (ar)
République de Djibouti (fr)
Jabuuti (so) Editar o valor em Wikidata

HimnoHimno nacional de Djibuti Editar o valor em Wikidata

Lema«اتحاد، مساواة، سلام»
«Unité, Égalité, Paix»
«Unity, Equality, Peace»
«Единство, равенство, мир» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aXibutí Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 11°48′00″N 42°26′00″L / 11.8, 42.43333Coordenadas: 11°48′00″N 42°26′00″L / 11.8, 42.43333
CapitalXibutí Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación956.985 (2017) Editar o valor em Wikidata (41,25 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa
árabe Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23.200 km² Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMousa Ali (pt) Traducir (2.028 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoLago Assal (pt) Traducir (−155 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación23 de xuño de 1977 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor em WikidataIsmail Omar Guelleh (1999–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataAbdoulkader Kamil Mohamed (2013–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly (en) Traducir , (Escano: 65) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal3.372.287.462 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
Moedafranco do Jibuti (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.dj Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+253 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia17, 18 e 19 Editar o valor em Wikidata
Código de paísDJ Editar o valor em Wikidata

Páxina webpresidence.dj Editar o valor em Wikidata
BNE: XX460660

Djibuti[1][2] (/ɪˈbti/; árabe: جيبوتي Jībūtī, francés: Djibouti, somalí: Jabuuti, afar: Gabuuti), ou Xibutí[3][4], oficialmente República de Djibuti é un país situado no Corno de África. Está bordeado por Eritrea no norte, Etiopía no oeste e sur e Somalia no sueste. O resto da fronteira está formado polo Mar Vermello e o Golfo de Adén ao leste. Djibouti ocupa unha superficie total de só 23.200 km².[5]

Na antigüidade, o territorio formaba parte da Terra de Punt e despois do Reino de Aksum. A próxima Zeila (agora en Somalia) foi a sede do medieval Adal e do Sultanato de Ifat. A finais do século XIX, a colonia de Somalilandia estableceuse seguindo os tratados asinados polos sultáns somalís e afar con Francia[6][7][8] e o seu ferrocarril ata Dire Dawa (máis adiante Addis Ababa) permitiulles substituír rapidamente a Zeila como o porto para o sur de Etiopía e Ogaden.[9] Máis tarde foi renomeado como o Territorio francés dos Afar e dos Issas en 1967. Unha década máis tarde, o pobo xibutí votou pola independencia. Isto marcou oficialmente o establecemento da República de Xibutí, chamada así pola súa capital. Djibouti uniuse ás Nacións Unidas o mesmo ano, o 20 de setembro de 1977.[10][11] A principios de 1990, as tensións sobre a representación do goberno levaron a conflito armado xibutiano, que terminou nun acordo de repartición de poder en 2000 entre o partido gobernante e a oposición.[5]

Djibouti é unha nación multiétnica cunha poboación de 942.333 habitantes. O somalí, o árabe e o francés son ​​as tres linguas oficiais do país. Cerca do 94% dos residentes practican o islam,[5] que é a relixión oficial e é predominante na rexión desde hai máis de mil anos. Os somalís (Clan Issa e afar compoñen os dous grupos étnicos máis grandes. Ambos falan linguas afroasiáticas.[5]

Djibouti está estratexicamente situado preto dalgunhas das rutas marítimas máis importantes do mundo, controlando o acceso ao mar Vermello e ao océano Índico. Serve como un centro clave de reabastecemento e transbordo e é o principal porto marítimo para a importación e exportación da veciña Etiopía. Un crecente centro comercial, a nación é a sede de varias bases militares estranxeiras, incluíndo Camp Lemonnier. O organismo rexional da Autoridade Intergubernamental para o Desenvolvemento (IGAD) tamén ten a súa sede en Djibouti.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para djibutiano.
  2. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419. 
  3. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 134. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 03 de abril de 2014. 
  4. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Djibouti". The World Factbook. CIA. 5 de febreiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2020. Consultado o 26 de febreiro de 2013. 
  6. Raph Uwechue, Africa year book and who's who, (Africa Journal Ltd.: 1977), p.209.
  7. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Somaliland: History of French Somaliland". Encyclopædia Britannica 25 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 383. 
  8. A Political Chronology of Africa, (Taylor & Francis), p.132.
  9. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Zaila". Encyclopædia Britannica 28 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 950. 
  10. "Today in Djibouti History". Historyorb.com. Consultado o 27 de abril de 2011. 
  11. "United Nations member states". United Nations. Consultado o 27 de abril de 2011. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy