Doade, Sober

Doade
ConcelloSober[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°24′56″N 7°28′52″O / 42.41567, -7.48124
Poboación120 hab. (2016)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Doade é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo.

Limita ao norte e leste co concello de Monforte de Lemos, ao oeste coa parroquia de Brosmos, e ao sur coa parroquia de Amandi e cos concellos ourensáns da Teixeira e Castro Caldelas, dos que está separado polo río Sil.

Tiña unha poboación de 120 habitantes en 2016, 57 homes e 63 mulleres,[2] agrupados nas entidades do Bidual, Castro, Ceceda, Doade, Francos, A Lampaza, Mourentán, Vilachá e Vilar de Mouros.

En plena Ribeira Sacra, é coñecida polas súas viñas e adegas desa denominación de orixe. Algunhas das vides atópanse en pendente, na ribeira dereita do río Sil, que forma nesa zona un profundo canón. Entre o seu patrimonio destacan a igrexa parroquial, do século XVII, as capelas de San Pedro e San Amaro, a fonte de San Xermán e os miradoiros sobre o canón.

As localidades de A Lambaza e Vilar de Mouros forman un exclave de 5,4 quilómetros cadrados de superficie que está situado 450 metros ao leste do resto da parroquia. Este exclave limita ao norte, leste e oeste con Monforte de Lemos e ao sur co río Sil.

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. "Instituto Galego de Estatística". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de outubro de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in