Dodona

Modelo:Xeografía físicaDodona
(grc) Δωδώνη Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDodoni Municipality, Grecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónEpiro Editar o valor en Wikidata
Mapa
 39°32′47″N 20°47′16″L / 39.54639, 20.78778
Características
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia
Historia
Data de disolución, retirada ou demolición391 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Período de tempoantigüidade clásica Editar o valor en Wikidata

Dodona (dórico: Δωδώνᾱ, Dōdṓnā, xónico e ático: Δωδώνη,[1] Dōdṓnē) en epiro no noroeste de Grecia, era un oráculo dedicado a unha Deusa Nai identificada noutros lugares con Rea ou Gaia, pero coñecida en Dodona como Dione, que foi substituída parcialmente en tempos históricos polo deus olímpico Zeus.

O santuario de Dodona é considerado o oráculo helénico máis antigo, datando posiblemente do segundo milenio a.C. segundo Heródoto. Localizado nunha rexión illada das principais polis gregas, era considerado como o segundo oráculo en termos de prestixio, só detrás do de Delfos. Os sacerdotes e sacerdotisas interpretaban no bosque sagrado o son das follas de carballo para determinar cales eran as accións correctas que se debían levar a cabo. Aristóteles considerou a rexión arredor de Dodona como o lugar onde xurdiron os helenos.[2] O oráculo estivo primeiro baixo o control dos tesprotos, e despois pasou a mans dos molosos.[3] Foi un importante santuario relixioso ata a expansión do Cristianismo durante a fin da era romana.

Aristóteles considerou que a rexión arredor de Dodona formou parte da Hellas e da rexión onde se orixinaron os helenos.[4] O oráculo estivo baixo o control dos Tesprotos antes de pasar a mans dos Molosos.[5] Permaneceu como un importante santuario relixioso ata o nacemento do cristianismo durante a Época romana tardía.

  1. Liddell & Scott 1996, "Dodone"
  2. Hammond 1986, p. 77; Aristotle. Meteorologica. 1.14 Arquivado 29 de xuño de 2011 en Wayback Machine..
  3. Potter 1751, Chapter VIII, "Of the Oracles of Jupiter", p. 265.
  4. Hammond 1986, p. 77; Aristotle. Meteorologica. 1.14 Arquivado 29 de xuño de 2011 en Wayback Machine..
  5. Potter 1751, Chapter VIII, "Of the Oracles of Jupiter", p. 265.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in