Doenza

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Imaxe microscópica da Mycobacterium tuberculosis, unha bacteria patóxena infecciosa que é a principal causante da tuberculose.

Unha doenza[1] ou enfermidade[2] é unha condición anormal que afecta ó corpo dun organismo. A miúdo é interpretada como unha condición médica asociada a uns síntomas e sinais específicos. Pode ser causada por factores procedentes dunhas fontes externas, como as enfermidades infecciosas, e poden causar dor, disfunción, malestar, problemas sociais ou a morte á persoa aflixida. No senso máis amplo, tamén se inclúen feridas, discapacidades, desordes, síndromes, infeccións, síntomas illados, desviación do comportamento, e variacións atípicas de estruturas e funcións, mentres que noutros contextos e para outros propósitos son consideradas noutras categorías. As doenzas adoitan afectar ás persoas non só fisicamente, senón tamén emocionalmente, xa que poden alterar a perspectiva da vida e a personalidade das persoas.

Existen catro tipos principais de doenzas: doenzas patóxenas, doenzas de discapacidade, doenzas hereditarias e doenzas psicolóxicas. Tamén poden ser clasificadas como transmisibles e non transmisibles. A doenza máis común do mundo é doenza das enxivas que afecta a 3 de cada 4 persoas.[3] A doenza máis mortal do mundo é a doenza isquémica do corazón (obstrución da circulación do sangue),[4] seguida polas cerebrovasculares e as infeccións das vías respiratorias.[5]

A morte causada por unha doenza é chamada morte por causas naturais. O estudo das doenzas denomínase patoloxía, mentres que a medicina é un corpus do coñecemento máis amplo, abranguendo tanto o coñecemento das enfermidades como o seu tratamento.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para doenza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enfermidade.
  3. Donny brook Arquivado 14 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. consultado o 28 de novembro de 2013
  4. Science Reporter - Volume 32 - Page 47, 1995
  5. what is the deadliest disease in the world? consultado o 28 de novembro de 2013

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy