Domingo

O domingo é o sétimo día da semana. O nome "domingo" vén do latín Dominicus (dies) ou día do Señor, por causa da celebración cristiá da Resurrección de Xesús.

Cando o Instituto da Lingua Galega elaborou o Atlas Lingüístico Galego, tamén foi rexistrada localmente a forma arcaica primeira feira[1], soamente observada polo estudo nos lugares de Sistallo (en Cospeito) e Vilachán (en Tomiño)[2] . O termo "primeira feira" procede do latín prima feria (ou feria prima)[3].

  1. Instituto da Lingua Galega. "Domingo". Índices do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). 
  2. Ben Falado! - O que todo galego debe saber do portugués (9) (Programa de televisión). Televisión de Galicia. Escena en 2:10. 
  3. "Por que domingo não se chama primeira-feira?". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2014. (en portugués)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by razib.in