Commonwealth of Dominica (en) Commonwealth Dominica (lb) | |||||
Himno | Isle of Beauty, Isle of Splendour | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Apres Bondie, C'est La Ter» «After God is the earth» «След Бог е земята» «Wedi Duw, y Ddaear» | ||||
Epónimo | domingo | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Roseau | ||||
Contén a división administrativa | Saint Andrew (pt) Saint David (pt) Saint George (pt) Saint John (pt) Saint Joseph (pt) Saint Luke (pt) Saint Mark (pt) Saint Patrick (pt) Saint Paul (pt) Saint Peter (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 74.656 (2023) (99,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 751,096551 km² | ||||
Punto máis alto | Morne Diablotins (pt) (1.447 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1978 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Charles Savarin (2013–) | ||||
• Primeiro ministro | Roosevelt Skerrit (2004–) | ||||
Órgano lexislativo | House of Assembly of Dominica (en) , (Escano: 21) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 555.266.667 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .dm | ||||
Prefixo telefónico | +1767 | ||||
Teléfono de emerxencia | 999 | ||||
Código de país | DM | ||||
Sitio web | dominica.gov.dm |
Dominica (/ˌdɒmɪˈniːkə/[1][2][3] ou i/dəˈmɪnɪkə/;[4] en kalinago: Wai‘tu kubuli; francés: Dominique; crioulo francés: Dominik), oficialmente a Commonwealth de Dominica, é un país insular no Caribe.[5] Pertence á Mancomunidade Británica de Nacións. A capital, Roseau, está situada no lado occidental da illa. Está xeograficamente situada como parte da cadea das Illas de Barlovento no arquipélago das Antillas Menores no mar Caribe. Os veciños máis próximos de Dominica son dous territorios constituíntes da Unión Europea e da zona euro, os departamentos de ultramar da República Francesa, Guadalupe ao noroeste e Martinica ao noroeste, sur-sueste. Dominica comprende unha superficie terrestre de 750 km², e o punto máis alto é Morne Diablotins, con 1447 m. de altitude. A poboación era 71.293 no censo de 2011.[6] Non debe ser confundida coa República Dominicana, outra nación caribeña.
A illa foi colonizada polos arauacos que chegaban de Suramérica no século V. Os kalinagos, ou caribes, desprazaron aos arauacos no século XV. Colón di que pasou a illa o domingo 3 de novembro de 1493. Posteriormente foi colonizada polos europeos, predominantemente polos franceses desde a década de 1690 ata 1763. Os franceses importaron escravos de África Occidental a Dominica para traballar en plantacións de café. Gran Bretaña tomou posesión en 1763 despois da Guerra dos Sete Anos, e gradualmente estableceu o inglés como a súa lingua oficial. A illa gañou a independencia como república en 1978.
Dominica foi alcumada a "Illa da Natureza do Caribe" polo seu medio natural.[7] É a illa máis nova das Antillas Menores, e de feito aínda se está formando pola actividade xeotérmica-volcánica, como se evidencia pola segunda fonte termal máis grande do mundo, chamada Boiling Lake. A illa ten exuberantes selvas tropicais montañosas, e é o fogar de moitas plantas, animais e especies de aves raras. Hai áreas xéricas nalgunhas das rexións costeiras occidentais, pero as fortes choivas ocorren no interior. O papagaio Amazona imperialis, que se atopa só en Dominica, é o paxaro nacional da illa e aparece na bandeira nacional, polo que é unha das dúas únicas nacións soberanas cuxa bandeira oficial presenta a cor morada.[8][9] O país é membro da Comunidade de Nacións, as Nacións Unidas, a Organización dos Estados Americanos, a Organisation internationale de la Francophonie, a Organización dos Estados do Caribe Oriental e o Movemento Non Aliñado.