Doom

Doom
Desenvolvedor(es)id Software e Nerve Software
Distribuidora(s)Id Software, GT Interactive, Activision.
Deseñador(es)John Romero
Compositor(es)Bobby Prince
Versión1.9
Lanzamento10 de decembro de 1993.
XéneroXogo de disparos en primeira persoa
Modos de xogo1 xogador ou
até 4 en multixogador
ClasificaciónESRB: M
ESRB: T (GBA)
BBFC: 15
OFLC: MA15+
RSAC: V3: Blood and gore
L1: Mild expletives
PEGI: 16+
Plataforma(s)MS-DOS,
outras versións de Doom.
Formato(s)Disquete, CD (PC).
RequisitosCPU con procesador 80386,
4 MB RAM
Na rede
Id Software
IMDB: tt0286598 Youtube: UC_j0k45FHj1dLbFWyf7iEOg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Doom é un xogo para ordenador lanzado en 1993 por Id Software. Trátase dun dos títulos do xénero de tiro en primeira persoa. Combina gráficos 3D con violencia gráfica. Foi inmensamente popular, cun lanzamento en versión shareware que se estima que é xogada por 15 millóns de persoas. Alén de definir moitos elementos dos xogos de tiro en primeira persoa, Doom estabelece unha sub-cultura por popularizar os xogos en rede e permitir expansións creadas polos xogadores (WADs). O logro do xogo influenciou o boom de xogos nos anos 90 até o punto de que eses xogos fosen, algunhas veces, chamados "clons do Doom".

A franquía Doom continuou con Doom II: Hell on Earth (1994) e numerosos paquetes de expansión como Ultimate Doom (1995), Master Levels for Doom II (1995), e Final Doom (1996). A maioría creado por fans, sendo lanzados para o PC/DOS, eses xogos foron levados a varias plataformas, incluíndo nove xogos diferentes para consolas. A serie perdeu o atractivo cando o mecanismo gráfico do Doom se tornou obsoleto no final dos anos 90 mais foi revivido en 2004 co lanzamento do Doom 3, unha relectura do xogo orixinal usando nova tecnoloxía.

En 2004 foi lanzada unha versión en taboleiro, por Fantasy Flight Games, con miniaturas dos monstros e personaxes. Xa en 2005, foi lanzado unha adaptación cinematográfica de Doom.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy