Doom | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Doom |
Director | Andrzej Bartkowiak |
Produtor | Lorenzo di Bonaventura Laura Holstein John D. Schofield Jeremy Steckler |
Guión | David Callaham Wesley Strick |
Baseado en | Doom videoxogo de 1993 de id Software |
Intérpretes | Karl Urban Dwayne "The Rock" Johnson Rosamund Pike Razaaq Adoti |
Música | Clint Mansell |
Fotografía | Tony Pierce-Roberts |
Montaxe | Derek Brechin |
Estudio | John Wells Productions Di Bonaventura Pictures |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | Os Ánxeles: 17 de outubro de 2005 |
Duración | 100 minutos |
Orixe | Estados Unidos Reino Unido Alemaña República Checa[1][2] |
Xénero | Ficción científica, Terror |
Orzamento | $60 000 000[3] |
Recadación | $55 987 321[4] |
Na rede | |
http://www.doommovie.com/ | |
Doom é un filme de ciencia ficción e acción dirixido por Andrzej Bartkowiak[2] que se estreou no 2005. Esta vagamente baseado na serie de videoxogos Doom creada por id Software. A historia conta como un grupo de marines chegan a unha estación nunha misión de rescate despois de que cesasen as comunicacións con ela, pero que terán que combater con mostros de enxeñaría xenética que infestaron o complexo.