Dubai

Modelo:Xeografía políticaDubai
دبيّ (ar) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 25°16′11″N 55°18′34″L / 25.2697, 55.3094Coordenadas: 25°16′11″N 55°18′34″L / 25.2697, 55.3094
EstadoEmiratos Árabes Unidos
EmiratoDubai Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.331.420 (2020) Editar o valor en Wikidata (95.183,43 hab./km²)
Lingua oficialLingua árabe Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie35 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
FundadorAl Maktoum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación9 de xuño de 1833 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMohamed bin Rashid Al Maktum (2006–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Basora
Kish (pt) Traducir
Cidade de Kuwait Editar o valor en Wikidata../... 40+

Páxina webdm.gov.ae Editar o valor en Wikidata
Facebook: DubaiMunicipality Twitter: DMunicipality Instagram: dubaimunicipality Youtube: UCgoUXrrSn2pdbOd3S1Hr2hA BNE: XX462234 Editar o valor en Wikidata

Dubai[1] (en árabe: دبيّ, transliterado Dubayy) é unha metrópole que ocupa aproximadamente o 20% do territorio do Emirato de Dubai[2], un dos sete que integran os Emiratos Árabes Unidos dende 1971. Está localizada ao longo da franxa costeira do emirato e é a cabeceira da área metropolitana Dubai-Sharjah-Ajman. A súa poboación en 2010 ascendía a 1.905.000 habitantes[2] que a converten na cidade máis populosa dos Emiratos. En 2020 vai ser sede da Exposición Universal.

Dubai ten emerxido coma cidade global e lugar de negocios no Oriente Medio[3]. É tamén un nó importante de transporte de pasaxeiros e mercadorías, converténdose nunha porta moi importante para Occidente. Na década dos sesenta do século XX a economía de Dubai baseábase nos ingresos proporcionados polo comercio e, en menor medida, polas concesións de explotacións petrolíferas, pero o petróleo non foi descuberto ata 1966. Os beneficios do petróleo comezaron a fluír en 1969[4]. As rendas do petróleo axudaron a acelerar o desenvolvemento temperá da cidade, mais as reservas petrolíferas son limitadas e os niveis de produción baixos: en 2010 menos do 5% dos ingresos do emirato viñan do petróleo[5]. O modelo occidental dos negocios de Dubai levou á súa economía a ter como principais ingresos os derivados da aviación, contando con dous aeroportos internacionais; dos servizos financeiros; do turismo, especialmente o de luxo, confirmándose como sede internacional de congresos, convencións e conferencias; e do negocio inmobiliario, destacando o proxecto das Palm Islands, con tres diferentes actuacións: a primeira en Jumeirah, a segunda en Jebel Ali (50% máis grande) e a terceira en Deira que será tres veces maior cá primeira; destaca así mesmo The World, composto por 300 illas de area artificial formando un mapamundi que serán ocupadas por residencias, centros comerciais e hoteis de cinco estrelas [6]. Recentemente Dubai captou a atención mundial polos grandes proxectos de construcións innovadoras, grandes rañaceos, en particular a construción máis alta do mundo, o Burj Khalifa, e eventos deportivos coma a Dubai World Cup, o encontro internacional de carreiras de cabalos que reparte os maiores premios do mundo. Dubai ten sido criticado pola violación dos dereitos humanos da poboación obreira, maioritariamente procedente do sueste asiático[7]. A crise finaceira de 2007 afectou fondamente ao mercado inmobiliario[8] mais a economía volveu a crecer, agardándose un superávit nos presupostos de 2015[9].

En 2012, Dubai era a vixésimo segunda cidade máis cara do mundo e a máis cara do Oriente Medio[10][11]. En 2014, o prezo das habitacións dos hoteis de Dubai estaban consideradas as segundas máis caras do mundo, despois de Xenebra[12]. A firma americana de consultoría global Mercer ten clasificado a Dubai como un dos mellores lugares para vivir no Oriente Medio[13].

  1. "Dubai". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 731. 
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Urbanmasterplan
  3. "The 2008 Global Cities Index". Foreign Policy (en inglés). 15/10/2008. Arquivado dende o orixinal o 20/05/2010. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  4. Sampler & Eigner (2008). Sand to Silicon (en inglés). Emiratos Árabes Unidos: Motivate. p. 11. ISBN 9781860632549. 
  5. DiPaola, Anthony (28/9/2010). Bloomberg, ed. "Dubai gets 2% GDP from oil" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  6. ArabianBusiness.com, ed. (3/2/2007). "Dubai economy set treble by 2015" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  7. Davis, Mike (2006). "Fear and Money in Dubai". New Left Review (en inglés) (41): 47–68. Consultado o 27 de xullo de 2015. 
  8. "Job losses hasten property decline in Dubai but medium-long term outlook upbeat". Propertywire.com. 3/12/2008. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)
  9. "Mohammad Bin Rashid approves Dubai’s budget for 2015". gulfnews.com. 3/1/2015. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)
  10. Barnard, Lucy (6/3/2013). "Cost of living in Dubai rising rapidly". Thenational.ae. Arquivado dende o orixinal o 22/01/2013. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)
  11. "Oslo, Zürich and Tokyo are most expensive cities". Thepeninsulaqatar.com. 14/9/2012. Arquivado dende o orixinal o 17/05/2016. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)
  12. "Dubai second-most expensive city to stay in, report says". Thenational.ae. 30/7/2014. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)
  13. Duncan, Gillian (8/3/2013). "Abu Dhabi and Dubai are best places to live in the Middle East, survey says". Thenational.ae. Arquivado dende o orixinal o 17/01/2013. Consultado o 27 de xullo de 2015. (en inglés)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy